Visita ao IEGPS dos participantes no proxecto “Científic@s en Prácticas”

Esta mañá, 12 de abril de 2024, tivo lugar no IEGPS unha visita guiada ás instalacións do propio Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) con algúns estudantes do IES Xelmírez II, participantes no programa “Científic@s en Prácticas” (2023-20024), dirixido por Jesús Rey Rocha (Instituto de Filosofía do CCHS-CSIC) e patrocinado polo CSIC e a Asociación Española para el Avance de la Ciencia.
Este programa -participado no IEGPS por João Paulo Martins Ferreira, investigador Talento Senior (GAIN-XuGa)- ten como obxectivo proporcionar a novos estudantes a oportunidade de realizar estancias en grupos e laboratorios de investigación, participando nos seus traballos e convivindo cos seus compoñentes. “Científic@s en Prácticas” foi galardoado nos Premios CSIC de Cultura Científica e Ciencia Ciudadana (2024), na categoría de proxectos de divulgación científica.

Scroll to Top