Historia

Historia

Trala desaparición do Seminario de Estudos Galegos, “incautado” pola Universidade de Santiago o 1 de agosto de 1940 (segundo a memoria redactada o 14 de xullo de 1941 por Jesús Carro, secretario do propio Seminario), os membros superviventes da institución promoveron a súa creación no seo do CSIC. O feito materializouse a fins de 1943 coa creación do Instituto -esta era a denominación usual dos centros do CSIC-, que se puxo baixo o amparo do sabio bieito Frei Martín Sarmiento (1695-1772), conforme á idea barallada xa en tempos do vello Seminario. O selecto elenco dos seus membros e colaboradores, así como a traxectoria e contribucións do propio  centro ao longo da segunda metade do século pasado, converteron ao Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” (en diante IEGPS) en lugar de encontro dos máis destacados estudosos da humanística galega nun dos referentes ineludibles da vida cultural e científica de Galicia. 

Despois de varios anos de carencias, dificultades e limitada actividade, en 1994 o CSIC procedeu a unha profunda reorganización do IEGPS, que orientou como un centro propio de investigación, dotándoo ademais de persoal científico e administrativo. Este proceso de recuperación e reactivación das súas actividades científicas e culturais culminou no ano 2000, coa firma dun convenio coa Xunta de Galicia que converteu ao IEGPS nun centro de investigación mixto, ou de titularidade compartida, motivo polo que ao fronte da súa Comisión Rectora -paritaria-  figuran os presidentes da Xunta de Galicia e do propio CSIC.

Directores

Francisco Javier Sanchez Cantón

(1944-1971)

Pablo S. Otero Piñeyro Maseda

(2022-    )

José Fernando Filgueira Valverde

(1971-1981)

Francisco Javier Rio
Barja

(1981-1994)

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

(1994-2022)

Máis información:

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo
“O Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento: A recuperación da memoria. A miña homenaxe a Filgueira Valverde”, Boletín da Real Academia Galega, 376 (2015), páxs. 245-264.

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo
“El Seminario de Estudos Gallegos. Auge, ocaso y continuidad” en Xosé Luís Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares (eds.) A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Real Academia Galega; Universidade de Santiago de Compostela, 2008, páxs. 673-693.

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo
El Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”: sesenta años al servicio de Galicia (1944-2004), Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2005.

Mato, Alfonso.
O Seminario de Estudos Galegos: na documentación que garda o Instituto Padre Sarmiento, Ediciós do Castro, A Coruña, 2001.

Cordero Carrete, Felipe Ramón
El primer decenio del Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (1944-1954), Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, 1954.

Ibáñez Martín, José, Legaz Lacambra, Luis, Sánchez Cantón, Francisco Javier, Filgueira Valverde, José Fernando y Fraguas Fraguas, Antonio
El Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, 1947.

Scroll to Top