Persoal

Rosario Valdés Blanco-Rajoy

Nacida na Coruña. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Como técnica experta realizou numerosos traballos centrados na arqueoloxía dirixindo numerosas campañas de escavación e prospección no medio terrestre e subacuático, tanto por conta propia sendo titular dunha empresa especializada, como contratada por diversas institucións públicas e compañías privadas. No ano 2007 incorporouse ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) como funcionaria de carreira, ocupando o posto de axudante de investigación de I+D+i.

 

 

Datos de contacto
Rúa de San Roque, nº 2
15704, Santiago de Compostela
+0034 981540231
rosario.valdes@iegps.csic.es

Temas de investigación.

Nos últimos anos participou en diversos proxectos de investigación de convocatorias públicas e competitivas europeas, nacionais e autonómicas, relacionados con temas de historia, patrimonio e identidade, especialmente sobre fortalezas medievais galegas e peregrinacións xacobeas.

Outras actividades.

Actualmente forma parte do equipo do proxecto “Neocamiños” (Consejo Superior de Investigaciones Científicas - Xunta de Galicia).

 Como membro do grupo do IEGPS “Culturas e sociedades do mundo ibérico desde a Idade Media”, recibiu o premio “Camiño de Santiago 2015” na modalidade de investigación, outorgado pola Xunta de Galicia.

Foi responsable da secretaria de diversos coloquios, seminarios e reunións científicas de ámbito académico celebrados na sede do IEGPS, destacando os trece Coloquios Internacionales Compostela [Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC – Commission Internationale d’Histoire et d’Études du Christianisme, CIHEC], organizados entre os anos 2008 e 2021.

 

Publicacións recentes.

Rosario Valdés Blanco-Rajoy

Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
“Fortalezas de la Ribeira Sacra en el entorno del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil”. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 23 (2020), páxs. 375-399.

Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
“El hospital medieval de Pena Godón, una ventana al pasado de un despoblado olvidado en el Camino Francés a Compostela”. Marygal. Revista de Estudios Gallegos 19 (2016), páxs. 203-216.

Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
 “Reseña de Antón M. Pazos (ed), Pilgrims and Pilgrimages as Pilgrimages as Peacemakers in Christianity, Judaism and Islam”, Anuario de Historia de la Iglesia, 23 (2014), páxs., 582-583.

Pedro CARDIM, Marta CENDÓN FERNÁNDEZ, Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ, César OLIVERA SERRANO, Lúcia Cardoso ROSAS, Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
“Quotidianos de fronteira”, en Luís Adão da FONSECA. (coord.), Entre Portugal e a Galiza (sécs. XI a XVII). Um olhar peninsular sobre uma região histórica, Porto, Fronteira do Caos Editores, CEPESE, 2014, páxs. 279-298.

Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
“La capilla de los Neira de Luaces en la iglesia compostelana de Santa María do Camiño (ss. XVI-XIX)”. Cuadernos de Estudios Gallegos, 124 (2011), páxs. 149-182.

Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
“La fortaleza de Damil y la casa solar de los Biedma en la Alta Limia (Ourense)”. Castillos de España, 164-165-166 (2011), páxs. 33-40.

Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY,
 Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos”. Actas VII Congreso Internacional de Caminería Hispánica (Madrid-Pastrana-Alcalá de Henares del 26 al 30 de junio del 2006). Manuel Criado de Val (edit.). Madrid, 2008, páxs. 1-20. [Editado en soporte digital].

Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, César OLIVERA SERRANO, Rosario VALDÉS BLANCO-RAJOY, Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ,
“Inventario de las fortalezas medievales de Galicia. Método de trabajo y avance de resultados (1995-2006)”. Del Documento Escrito a la Evidencia Material. Actas del I Encuentro Compostelano de Arqueología Medieval. (Santiago de Compostela, 22,23 y 24 de marzo de 2006). Mercedes López-Mayán Navarrete, Carlos J. Galbán Malagón (Coords.). Edicións Lóstrego. Santiago de Compostela, 2007, páxs. 115-139.

 

 

Scroll to Top