IEGPS - O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento foi creado en 1943 como un centro de investigación propio do CSIC. Dende o ano 2000 é un centro de carácter mixto, ou titularidade compartida, do CSIC e da Xunta de Galicia.

Visitas guiadas ao IEGPS coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Nas instalacións do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmienro pode contemplarse unha mostra permanente e representativa dos seus fondos arqueolóxicos (como os ídolos de Argalo), artísticos (como esculturas de Francisco Asorey e Xosé Eiroa) e etnográficos (acibecharía, louza, ourivería, etcétera)...
Actualidade

Que facemos
“Señorío, identidade e redes de poder”, centrada nos estudos sobre o parentesco e as redes de poder na Idade Media, as fontes diplomáticas, epigráficas e heráldicas, a historia das mulleres e os xudeus, a fiscalidade medieval ou a historia institucional e do monacato.
“Patrimonio cultural e construción identitaria”, centrada principalmente, pola súa banda, nos estudos sobre o fenómeno histórico-cultural das peregrinacións, en cuxo seo se dedica unha particular atención ao Camiño de Santiago.