Patrono

Fray Martín Sarmiento

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento é unha homenaxe perenne á figura de Frei Martín Sarmiento, unha das máis grandes personalidades da Ilustración española.

De pai galegos e nacido en Villafranca del Bierzo (León) o 9 de marzo de 1695, pasou a súa infancia en Pontevedra, onde estudou as primeiras letras no Colexio da Compañía de Xesús e Artes no mosteiro bieito de Lérez. En 1710 ingresou no de San Martiño, de Madrid, onde profesou ao ano seguinte, completando despois a súa formación filosófica e teolóxica nos mosteiros de Irache e de San Vicente de Salamanca, respectivamente. Tras un curto período de pasantía no mosteiro de Eslonza (León), retornou ao mosteiro madrileño, facendo da súa celda o centro dunha vida dedicada por enteiro ao estudo, aínda que realizou diversas viaxes -tres delas a Galicia- nas que conseguiu a materia prima para as súas investigacións en tódalas ramas do saber. O 4 de xuño de 1755 foi nomeado abade de Ripoll, pero o seu amor polo estudo e a animadversión que sentía cara todo tipo de cargos fixéronlle renunciar ao abadengo uns meses máis tarde, a finais de marzo de 1756, e adicarse de novo ao estudo na súa celda madrileña. Faleceu o 7 de decembro de 1772.

A singular capacidade e erudición científicas do Padre Sarmiento, así como a súa dedicación completa ao estudo e á investigación, quedou reflectida nun amplo número de obras e escritos relativos ás materias máis dispares: historia, xeografía, paleografía, lingüística, bibliografía, filosofía, agricultura, historia natural, antropoloxía, ética, dereito, educación, política, socioloxía... O fundamento común de todo isto é o método empírico das ciencias modernas, por iso é considerado -xunto co Padre Feijóo, o seu paisano e irmán da Orde- un dos máis destacados ilustrados españois.

Ao adoptar o seu nome, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento quixo render homenaxe ao prestixio intelectual deste insigne bieito galego e facer realidade, ao mesmo tempo, a idea que el mesmo imaxinou no seu Onomástico Etimológico de la Lengua Gallega: aglutinar un grupo de amantes da verdade -alethóphilos, como el mesmo os chamaba- que traballaran sobre uns mesmos principios e para un mesmo fin en prol de Galicia.

Máis información:

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo
“El Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento”, Investigación, Cultura, Ciencia y Tecnología, 10, núm. 20 (2018), páxs. 6-7.

García Tato, Isidro y Valdés Hansen, Felipe (Eds.)
Vida y obra del Rvdmo. P. M. fray Martín Sarmiento (1965-1772), sacada a la letra de un manuscrito anónimo del siglo XVIII, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2003.

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo
Fray Martín Sarmiento, el amador de la verdad (1695-1772), Santiago de Compostela, Diputación Provincial de A Coruña; Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2003.

Barrio Barrio, Julián
Frei Martín Sarmiento, monxe bieito, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2002.

Santos Puerto, José
Martín Sarmiento: ilustración, educación y utopía en la España del siglo XVIII, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2002.

García Tato, Isidro y Suárez Piñeiro, Ana
Frei Martín Sarmiento, Toxosoutos, Noia, 2001.

Álamo, Mateo del, y Pérez de Urbel, Justo (trad.); Sánchez Cantón, Francisco Javier, Pita Andrade, Jose Manuel (Eds.)
Viaje a Galicia de Fr. Martín Sarmiento (1754-1755). Ms. de la Abadía de Silos, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Consejo Superior de Investigaciones Científica, 1950 (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 3).

Scroll to Top