Persoal

Miguel García-Fernández

Licenciado en Historia, coas especialidades de Historia Medieval e Historia Moderna (2011), con grado (2012) e mestrado en Estudos Medievais Europeos (2012) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tras ser bolseiro e contratado predoutoral na Área de Historia Medieval da USC (2012-2016), bolseiro do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2017-2019) e contratado como Técnico Superior de Apoio á Investigación no Instituto da Lingua Galega (2019-2020), incorporouse como Técnico superior de actividades técnicas e profesionais ao IEGPS no 2020. 

Datos de contacto
Rúa de San Roque, nº 2
15704, Santiago de Compostela
0034 981540233
miguel.garcia-fernandez@iegps.csic.es

Temas de investigación.

A súa principal liña de investigación é a historia social das mulleres, especialmente en relación coa historia medieval de Galicia, ampliando os seus intereses cara a historia social do poder e o estudo do patrimonio documental galego.

Outras actividades.

É investigador dos proxectos “HERES. Patrimonio textual ibérico y novohispano. Recuperación y memoria” (CM/2022-5A/HUM-24226; IP. Ricardo Pichel, UAH), “Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa" (PID2019-108910GB-C22; IP. Esther Corral Díaz, USC), “Patrimonio textual na Galicia medieval. Prosa documental e literaria” (2021-CP037; IP. Eduardo Miguel Moscoso Mato, ILG-USC), “La reginalidad ibérica desde/hacia la Europa atlántica: economías territoriales, escenarios curiales y geografías relacionales (ss. XII-XV)” (PID2022-141727NB-C22; IP. Diana Pelaz Flores, USC), “Glosario crítico de la poesía medieval gallego-portuguesa. V. Edición crítica digital de las cantigas de escarnio e maldizer” (PID2022-137790NB-100; IPs. Manuel Ferreiro Fernández e Mariña Arbor Aldea, UDC-USC), e “Letradas. Corpus de documentos escritos por mujeres en España (1400-1900)” (PID2022-141561OB-I00; IPs. Belén Almeida Cabrejas e Pedro Sánchez-Prieto Borja, UAH). É membro colaborador do Instituto de Estudos Medievais (FCSH - Universidade Nova de Lisboa), colaborador externo do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e secretario editorial de Murguía. Revista Galega de Historia.

Publicacións recentes

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ e Pablo S. OTERO PIÑEYRO MASEDA

"Realidades señoriales en el ámbito doméstico: objetos cotidianos de mujeres con poder en el Noroeste peninsular (siglo XV)", en João Luís Fontes, Diana Martins, Catarina Fernandes Barreira e Mário Farelo (eds.), An Embodied Religion. Materialities and Devotion in Medieval Europe, Berlin; Bruxelles; Chennai; Lausanne; New York; Oxford, Peter Lang, 2024, páxs. 565-590.

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ e Ricardo PICHEL

"Tres «novos» pergamiños de Afonso VII referidos a Galiza", Estudios Mindonienses, 37 (2024), páxs. 929-943.

Mariña BERMÚDEZ BELOSO, Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ, Isabel MORÁN CABANAS et al. (auts.), Esther CORRAL DÍAZ e Yara Frateschi VIEIRA (coords.)

Mulleres medievais. Textos e imaxes na lírica galego-portuguesa. Con dous apéndices sobre antecedentes e supervivencias na lírica peninsular, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2023. 

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ e Ricardo PICHEL

“A documentación de San Salvador de Sobrado de Trives máis alá do ASPA: achega para unha nova edición da súa colección documental”, en Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel (eds.), Desde San Paio de Antealtares. Historia, patrimonio e vida monástica. Estudos dedicados a sor Mercedes, arquiveira de San Paio, e á Comunidade de Antealtares, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago; Alvarellos Editora, páxs. 89-121.

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ e Ricardo PICHEL

“Presenzas e actuacións femininas na documentación medieval do mosteiro de Santa María de Ribeira”, Lethes. Cadernos culturais do Limia, 16 (2023), páxs. 22-39.

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ e Ricardo PICHEL

“O mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares. Un arquivo moderno de arquivos medievais”, Murguía. Revista Galega de Historia, 47 (2023), páxs. 239-244.

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ e Ricardo PICHEL

“Arredor dun pergamiño inédito do mosteiro bietio feminino de San Miguel de Bóveda do século XV. Estudo e contextualización para a historia das mulleres galegas”, Murguía. Revista Galega de Historia, 47 (2023), páxs. 49-68.

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ

 “O castelo de Ribadavia”. Fascículo n.º 22 do coleccionable 30 castelos e torres galegas para descubrir un reino, coord. Heitor Picallo. Santiago de Compostela: Sermos Galiza S. A., 2023, 16 páxs.

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ

“O castelo de Castro Caldelas”. Fascículo n.º 5 do coleccionable 30 castelos e torres galegas para descubrir un reino, coord. Heitor Picallo. Santiago de Compostela: Sermos Galiza S. A, 2023, 16 páxs.

Scroll to Top