Biblioteca
Biblioteca
A biblioteca do IEGPS é considerada unha das máis valiosas e mellor nutridas de Galicia. A base inicial e fundamental dos seus fondos procede do desaparecido Seminario de Estudos Galegos, que foran depositados na Universidade de Santiago. A estes sumáronse despois as sucesivas doazóns e depósitos dalgúns destacados estudosos, como Joaquín Arias Sanjurjo e José Varela de Limia, vizconde de San Alberto -especialmente rica en folletos e documentación-, Juan López Suárez, fillas de Salvador Cabeza de León, Fernando Alsina González ou Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Carrete, que en 1956 adquiriron e doaron a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil.
Na actualidade, os fondos da biblioteca superan as 25.000 monografías e os 8.500 folletos, aos que hai que engadir as coleccións de revistas vivas -con máis de 300 títulos-
También hay seccións aparte, como as de prensa antiga e revistas mortas, esta última con cerca de medio millar de coleccións.
A biblioteca custodia, ademais, un fondo documental de especial interese. As series máis importantes e consultadas son as siguintes:
- Documentación do Estatuto de Autonomía de Galicia (Asamblea de Concellos de 1932).
- Archivo da Exposición Regional Gallega de 1909.
- Fondo de Antonio Couceiro Freijomil.
- Fondo del Seminario de Estudos Galegos.
- El fondo fotográfico de Chicharro Bisí.
- Documentación da Casa de Ulloa y de Leis.
- Documentación da familia Rueda y Maza de Lizarra
Enlaces
Horario de atención a usuarios
De luns a vernes: de 9h. a 14h.
Servizos
Sala de lectura.
Préstamo propio (excepto revistas, obras de referencia e fondo antiguo)
Préstamo interbibliotecario.
Contactos
Isabel Romaní Fariña
biblioteca@iegps.csic.es
Teléfono: 981-540229