Terceira sesión do “IV ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS (2024): vidas medievales entre Galicia y Portugal"

Inscrición previa en https://forms.gle/HbKvBz5VBW8jJ7C67

O vindeiro venres, 22 de marzo, terá lugar o terceiro relatorio do “IV Ciclo de Webinarios Divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal”, titulada “A infanta Teresa de Leão e o reordenamento político e eclesiástico do Noroeste hispânico no primeiro quartel do século XII” e que será impartido por Luís Carlos Amaral.
Luís Carlos Amaral é profesor do Departamento de História e de Estudos Políticos e Internacionais da Faculdade de Letras da Universidade do Porto; investigador do Centro de Investigação Transdisciplinar «Cultura, Espaço e Memória» (CITCEM-Universidade do Porto); e membro do Centro de Estudos de História Religiosa (CEHR-Universidade Católica Portuguesa). Tamén é académico correspondente da Academia Portuguesa da História.
As súas principais liñas de investigación céntranse nos estudos sobre o poblamiento e a organización social do territorio (séculos X-XIII), así como sobre as institucións eclesiásticas medievais portuguesas.
Entre os estudos, libros e artigos, que publicou máis recentemente, destácanse: Teresa: a Condessa Rainha, Lisboa, 2020 (2.ª ed., en colaboración con Mário Jorge Barroca); D. Marcos da Cruz. Crónica do Mosteiro de São Salvador de Grijó, Porto, 2023 (en colaboración con Marta Sofia Costa); Igrejas, Poderes e Territórios. Novas perspetivas sobre as relações entre o poder e as Igrejas na Europa medieval (séculos XI-XIV), Porto, 2023 (coord. con Francesco Renzi y Joana Gomes); o “A medieval enigma: About the ecclesiastical trajectory of the Archbishop of Braga and Antipope Gregory VIII, Maurice “Bourdin” (11th-12th centuries)”, Lusitania Sacra, tomo XLVIII (julho-dezembro 2023; en colaboración con Francesco Renzi).
Luís Carlos Amaral resume o contido da súa conferencia da seguinte maneira: entre as últimas décadas do século XI e as primeiras da centuria seguinte xeráronse profundas alteracións no sempre difícil equilibrio entre os distintos poderes (laicos e relixiosos) sobre os cales se apoiaba a monarquía castelán-leonesa. A reconfiguración do escenario político resultante dos sucesivos e complexos escenarios que han pautado os reinados de Alfonso VI (1065-1109) e da súa filla dona Urraca (1109-1126) tiveron importantes consecuencias no reordenamiento político e eclesiástico do Noroeste hispánico, destacándose, neste contexto, a creación do segundo Condado Portucalense (1095/1096-1128). Confiado o seu goberno ao conde don Enrique de Borgoña e á súa muller, a infanta dona Teresa de León, esta nova entidade reflectía, principalmente, unha articulación de comunidades, territorios e de poderes nunca ensaiada ata aquel momento. En primeiro lugar, Enrique, e despois dona Teresa, tentaron facer valer os dereitos que entendían seus e alcanzar as súas ambicións nun período especialmente difícil, beneficiado, case sempre, do apoio dos magnates portucalenses, así como dos recursos que podían achegar as terras entre o Miño e o Mondego. Moita da inestabilidade gobernativa do reinado de Urraca resultou do agravamento dos enfrontamentos entre as máis destacadas institucións relixiosas do Noroeste hispánico e da constante oposición e recomposición das alianzas entre as elites señoriales galegas e portucalenses. Como consecuencia asistiuse simultaneamente a unha fortísima dinámica política e a unha crecente conflitividade eclesiástica, ademais dun cadro de permanentes actividades bélicas dirixidas contra o islam. O proceso culminará co ascenso ao trono do infante don Afonso Henriques como consecuencia da vitoria alcanzada na Batalla de São Mamede, o 24 de xuño de 1128.

 

Scroll to Top