O IEGPS celebra o “Día do Libro”

O próximo 23 de abril de 2024, martes, o IEGPS súmase á celebración do Día do libro cunha xornada de portas abertas da nosa Biblioteca que consistirá nunha visita guiada na que se mostrarán algúns dos seus fondos máis sinalados: libro antigo; prensa histórica galega; cartelería; postais; fichas de traballo e fotografías das "xeiras" do Seminario de Estudos Galegos…

 A visita, dirixida a público xeral, terá lugar na propia biblioteca do IEGPS ás 11:30 h.

Scroll to Top