Seminario de especialización de Francisco de Paula Cañas Gálvez (Universidad Complutense de Madrid)

O próximo 25 de abril de 2024, ás 10.30 h, terá lugar no IEGPS o seminario de especialización titulado " Curiales y letrados. Gallegos en la Casa Real de Castilla durante la primera mitad del siglo XV", impartido polo Dr. Francisco de Paula Cañas Gálvez.
Francisco de Paula Cañas Gálvez é Profesor Titular de Historia Medieval na Universidad Complutense de Madrid e director da revista En la España Medieval, adscrita á Unidad Docente de Historia Medieval da Universidad Complutense de Madrid.
A súa actividade investigadora ha virado ao redor da dinámica administrativa da cancillería real castelá durante a primeira metade do século XV e no estudo das casas reais, eclesiásticas e nobiliarias bajomedievales.
É autor de máis de medio centenar de traballos científicos entre os que cabe citar as monografías El itinerario de la corte de Juan II de Castilla (1418-1454), Madrid, 2007; Burocracia y cancillería en la corte de Juan II de Castilla (1406-1454). Estudio institucional y prosopográfico, Salamanca, 2012; Servir y gobernar. Estudios sobre la Casa Real en la Castilla Trastámara, Madrid, 2022 o Regir la Casa, administrar el Reino. Oficiales y servidores de Isabel y Juana de Portugal, reinas de Castilla (1447-1496), Madrid, 2023.
Forma parte, así mesmo, de diferentes grupos e proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional e foi convidado a pronunciar conferencias sobre as temáticas da súa especialidade nunha vintena de universidades españolas e estranxeiras e outras institucións de prestixio académico e científico la Real Academia de la Historia, el Colegio de España en París, la École française de Roma o el Museo Arqueológico Nacional.

 

Scroll to Top