Inauguración da exposición “Os nosos castelos: Castro de Ouro e o mariscal Pardo de Cela” en Santiago de Compostela

O vindeiro xoves, 12 de xaneiro de 2023, ás 12.30 horas, terá lugar nas instalacións do IEGPS a inauguración da exposición “Os nosos castelos: Castro de Ouro e o mariscal Pardo de Cela”. Promovida polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) coa colaboración do Concello de Alfoz, está comisariada por Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, profesor “ad honorem” do CSIC, e conta co patrocinio da Axencia Galega de Turismo.
A exposición está formada por unha serie de paneis interactivos sobre o castelo, o mariscal Pardo de Cela e a súa liñaxe, as súas propiedades, así como o seu impacto cultural. Conta, ademais, cun vídeo sobre sobre a figura do mariscal Pardo de Cela e diversos lugares vinculados a el.
O acto inaugural iniciarase cunha visita guiada pola exposición seguida dunha conferencia impartida por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 10 de febreiro, en horario de luns a venres entre as 10:00 e as 20:00 horas. A entrada será gratuíta.

Scroll to Top