Inscrición previa en https://forms.gle/SvTP7NEuMXgb6JTFA
O vindeiro mércores, 18 de xaneiro de 2023, terá lugar a inauguración e primeiro relatorio do III ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales en Galicia. A inauguración correrá a cargo do director do IEGPS, Pablo S. Otero Piñeiro Maseda, Científico Titular dos Organismos Públicos de Investigación, e o relatorio será impartida por Miguel García Fernández, Titulado Superior Actividades Técnicas e Profesionais do IEGPS.
Miguel García Fernández é Licenciado en Historia, coas especialidades de Historia Medieval e Historia Moderna (2011), con grao (2012) e máster en Estudos Medievais Europeos (2012) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). No ano 2020 incorporouse ao IEGPS como Técnico Superior de Actividades Técnicas e Profesionais. A súa principal liña de investigación é a historia social das mulleres, especialmente en relación coa historia medieval de Galicia, ampliando os seus intereses cara á historia social do poder e o estudo do patrimonio documental galego.
O obxectivo deste primeiro webinario, titulado “Vidas de mujeres en la Galicia medieval: balance, reflexiones y perspectivas” é ofrecer, a modo de introdución do mesmo, unha panorámica xeral sobre a implantación e consolidación da historia das mulleres dentro do medievalismo galego desde os anos 80, destacando os seus principais fitos historiográficos e as temáticas ás que se prestou máis atención ata a actualidade, ademais de ofrecer unhas reflexións persoais sobre as posibilidades, problemas e límites que se lle expoñen aos investigadores á hora de reconstruír as vidas de mulleres na Galicia medieval. Finalmente, reflexionará sobre as perspectivas de futuro, adiantando algúns traballos en curso sobre o tema, avanza Miguel García-Fernández.
Inscrición previa no seguinte formulario (https://forms.gle/SvTP7NEuMXgb6JTFA)