O CSIC convocou as bolsas “JAE Intro ICU 2023” orientadas a estudantes universitarios de grao ou de máster co obxectivo de que se inicien na actividade investigadora, facilitando a colaboración do alumnado nas diferentes estruturas de investigación onde se desenvolve a actividade científica e técnica do CSIC, xa sexan institutos, centros nacionais ou unidades técnicas.
Estas bolsas enmárcanse dentro da Estratexia CSIC 2025, que ten como base un reto institucional: posicionar ao CSIC como unha das organizacións máis atractivas para desenvolver Ciencia en Europa.
O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento participa nesta iniciativa ofertando unha desas bolsas, cunha duración de seis meses. O prazo de solicitude finalizará o 14 de agosto de 2023.
Máis información desta convocatoria en: https://sede.csic.gob.es/icu2023; https://iegps.csic.es/trabaja-con-nosotros/.