Sesión posposta do "III ciclo de webinarios divulgativos do IEGPS: vidas medievais en Galicia"

Inscrición previa en  https://forms.gle/SvTP7NEuMXgb6JTFA

O vindeiro xoves, 27 de xullo de 2023, terá lugar no IEGPS o webinario posposto correspondente á cuarta sesión do III Ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales en Galicia, titulada “Mujeres de negocios en la Galicia bajomedieval: algunos casos singulares” que será impartida pola Dr.ª Amparo Rubio Martínez (IEGPS-CSIC).
Amparo Rubio Martínez é Licenciada e Doutora en Historia Medieval pola Universidad Complutense de Madrid (Anos 2000 e 2007). Na actualidade exerce como Científica Titular e Vicedirectora do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XUGA), e como Profesora Asociada na Universidad de Burgos (Modalidade En liña). As súas liñas de investigación centráronse no estudo da Facenda e a Fiscalidade Real na Coroa de Castela, con especial atención ao reino de Galicia nos séculos baixomedievales, ás redes de axentes fiscais encargadas da xestión do imposto, así como á participación dos grupos de poder nas rendas reais durante o período de referencia.
Desde o ano 2009 participou de forma ininterrompida en máis dunha decena de proxectos de Investigación financiados en convocatorias competitivas, sendo na actualidade Investigadora Principal do proxecto “Hacienda, Poder, y sociedad en Galicia en el tránsito del Medievo a la Modernidad (1450-1550)” financiado polo CSIC. Na actualidade, é directora da revísta Cuadernos de Estudios Gallegos e da súa serie bibliográfica Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos, publicadas ambas as por Editorial CSIC. Conta con dous tramos de investigación con avaliación positiva da ANECA (Sexenios 2009-2014 e 2015-2020) e desde setembro de 2022, dirixe o Grupo de Investigación “Historia Social del Poder desde la Edad Media” no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), que analiza a interacción entre sociedade, xénero, cultura e patrimonio na Galicia baixomedieval.

Inscrición previa en  https://forms.gle/SvTP7NEuMXgb6JTFA

Scroll to Top