Seminario de Mercedes Pérez Vidal enmarcado no “Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia”

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas e a Xunta de Galicia, organizou para o vindeiro venres, 25 de febreiro de 2022, ás 10 horas no IEGPS (San Roque, 2-Santiago de Compostela), un seminario que leva por título “Espacios litúrgicos en monasterios femeninos en la Iberia medieval”.

Estará impartido por Mercedes Pérez Vidal autora do libro Arte y liturgia en los monasterios de dominicas en Castilla. Desde los orígenes hasta la reforma observante (1218-1506), (Trea, 2021).

Mercedes Pérez Vidal é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Oviedo (2013) e desde marzo de 2021 forma parte do equipo interdisciplinar do proxecto trianual liderado por Catarina Barreira sobre os manuscritos litúrxicos do mosteiro de Lorvão, no Instituto de Estudos Medievais (FCT- NOVA). A súa investigación dedicouse á historia cultural e ao estudo da arte e a arquitectura dos mosteiros femininos na Baixa Idade Media e na temperá Idade Moderna. Dentro deste marco xeral, as súas principais liñas de estudo foron: o análise da arte e a arquitectura en relación coa liturxia e desde unha perspectiva de xénero; o estudo de bibliotecas e da circulación de manuscritos; e as redes de transferencia de prácticas culturais e artísticas entre a Península Ibérica e os virreinatos americanos.

“O seminario servirá para presentar a investigación coa que se pretende innovar o campo de estudo do monacato feminino ibérico bajomedieval (c. 1230- c.1550), tanto desde unha perspectiva teórica como metodolóxica. Pregúntaa clave que a guiará é: cal foi o papel das mulleres na creación, realización e interpretación da liturxia, e como o estudo interdisciplinario das fontes litúrxicas pode axudarnos a comprender a funcionalidade dos espazos e artefactos de xénero nos mosteiros femininos na Península ibérica durante a Baixa Idade Media?”, avanza Mercedes Pérez Vidal.

A entrada ao seminario é libre ata completar aforo.

Scroll to Top