Persoal

Carlos Andrés González Paz

Licenciado con grao en Humanidades (Universidade de Santiago de Compostela, USC), especialista en Historia Medieval (Universidade do Porto, UP) e doutor en Historia Medieval (Universidade de Santiago de Compostela, USC).

Datos de contacto
Rúa de San Roque, nº 2
15704, Santiago de Compostela
+0034 981540230
carlosandres.gonzalez@iegps.csic.es

Temas de investigación.

As súas liñas de investigación céntranse na organización socioeconómica da paisaxe medieval, a historia relixiosa (diocesana e monástica) da Galicia medieval, a historia social das mulleres na Galicia medieval, a socioloxía histórica da peregrinación e o Camiño de Santiago.

Outras actividades.

Foi bolseiro posgraduado da Fundación Barrié. É investigador asociado do CEHC – Centro de Estudos de Historia da Cidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC), así como investigador colaborador do CITCEM – Centro de Investigação Transdisciplinar «Cultura, Espaço e Memória» da Universidade do Porto (UP). Desde o ano 2008, é coordinador dos «Coloquios Internacionales Compostela» [Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC – Commission Internationale d'Histoire et d'Études du Christianisme, CIHEC]. É membro do consello de redacción das revistas «Cuadernos de Estudios Gallegos» do CSIC e «Rudesindus» da Academia Auriense-Mindoniense.

Publicacións recentes.

Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ

Osorio Gutiérrez, o ‘conde-santo’ de Vilanova de Lourenzá, [Lourenzá, Lugo], Concello de Lourenzá, 2009, 62 páxs.

Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ e Abel VIGO GARCÍA

I Xornadas da Historia de Riotorto, [Riotorto, Lugo], Asociación Cultural Arricandeira, 2008, 83 páxs.

Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ, Manuel Alfonso VALÍN VALDÉS e Juan Ramón FERNÁNDEZ PACIOS (coords.)

O mariscal Pardo de Cela e o seu tempo, [Lugo], Deputación Provincial de Lugo, 2006, 542 páxs. 

Loading...
Scroll to Top