Las reliquias de Santiago: documentos fundamentales de la reinventio de 1879.
Anejo 51, 2021, CSIC; Xunta de Galicia, 413 páxinas.
Resumo: Os estudos sobre peregrinacións son un tema de investigación cun percorrido cada vez máis brillante. Se nos cinguimos ao ámbito da peregrinación xacobea desde un punto de vista estritamente histórico, é moi de destacar o salto de calidade que se deu na investigación sobre o período contemporáneo, é dicir, sobre a peregrinación nos séculos XIX e XX.
O acontecemento crave que está na orixe remota da revitalización das peregrinacións a Santiago foron as escavacións iniciadas en 1878 na catedral compostelá, en liña co que se estaba facendo entón en Europa, e singularmente en Italia. As escavacións relixiosas produciron abundante documentación legal, xa que toda nova reliquia debía ser autenticada conforme a un proceso canónico. Esta obra presenta unha análise dos documentos canónicos orixinados a partir do achado das reliquias de Santiago: o Expediente canónico, datado en 1883, e a Nova positio, de 1884.
Como citar: Antón M. PAZOS, Las reliquias de Santiago: documentos fundamentales de la reinventio de 1879, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2021 (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 51).