O próximo 30 de abril de 2024, ás 11:00 h, terá lugar no IEGPS o seminario bibliográfico sobre o libro La doctrina social de la Iglesia que será impartido polo Dr. José Andrés-Gallego, o seu autor.
José Andrés-Gallego foi catedrático de Historia Contemporánea na UNED e na Universidad de Cádiz, así como profesor de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Actualmente, é catedrático emérito de Historia Contemporánea na Universidad CEU San Pablo de Madrid. É, ademais, correspondente da Real Academia de la Historia, da Academia Portuguesa da História, da Academia Nacional de la Historia de la República Argentina e membro de AEDOS, asociación civil dedicada ao estudo da doutrina e o maxisterio social de la Iglesia católica.
Entre as súas obras cabe sinalar Pensamiento y acción social de la Iglesia en España (1984); La Iglesia en la España contemporánea (1999), en colaboración con Antón M. Pazos; Archivo Gomá: documentos de la Guerra Civil (2001-2010) 13 vols., tamén en colaboración con Antón M. Pazos; ou Cooperativismo católico: ahorro y crédito (2006).
A doutrina social de la Iglesia católica, como un fenómeno histórico aplicado á persoa e á comunidade, xorde coa encíclica Rerum novarum (1891) do papa León XIII e o seu defensa da dignidade humana. En La doctrina social de la Iglesia faise unha reflexión crítica e construtiva da súa evolución nas últimas décadas, marcada por documentos como Centesimus annus de Juan Pablo II (1991) ou Caritas in Veritate de Benedicto XVI (2009). En concreto, analízase a crise sistémica do ano 2007 e as súas consecuencias que, en palabras de José Andrés-Gallego, xestan unha nova orde socioeconómica global, cuxa imposición aínda se está consumando na actualidade.