O venres, 25 de marzo de 2022, no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento [IEGPS] levouse a cabo unha xuntanza na que participaron Antón M. Pazos, do IEGPS, investigador principal do proxecto de investigación "NEOCAMINOS", Carlos Andrés González Paz, do IEGPS, Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo, e unha delegación da xunta directiva da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, co seu presidente Jorge Martínez-Cava, da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Madrid, o seu vicepresidente Juan Guerrero Gil, da Asociación Jacobea de Málaga e o seu secretario Juan Ramos Plaza, da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Sevilla. Amosáronse moi interesados nos estudos sobre os "neocamiños" xacobeos implementados no marco do convenio subscrito entre o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.