O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento retoma, coa colaboración do Concello de Santiago, no marco da “Semana de la Administración Abierta”, as visitas guiadas ás súas instalacións. A primeira delas terá lugar o día 23 de marzo de 2023 ás 11h e será gratuíta previa inscrición no correo divulgación@iegps.csic.es ata completar aforo (máx. 20 persoas).
Durante a visita poderase contemplar unha parte dos fondos arqueolóxicos (como os ídolos de Argalo), artísticos (como esculturas de Francisco Asorey e Xosé Eiroa) e etnográficos (azabachería, louza, ourivaría, etcétera) do IEGPS, ademais da móstra bio-bibliográfica referida á figura e obra de frei Martín Sarmiento.