Esta mañá, 1 de outubro de 2024, o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, presidiu no IEGPS a presentación do libro “El linaje materno del Padre Sarmiento. Los Monseiro Balboa y Sarmiento de la casa de Perros”, número 20 de “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC), autoría de Elías Palacio Bermúdez de Castro.
A continuación, mantivo unha reunión co equipo directivo do IEGPS que lle expuxo os diferentes proxectos, actividades científicas e accións culturais que se desenvolven no centro. Finalmente, realizou unha visita guiada ás instalacións do IEGPS no Antigo Hospital de San Roque. Durante o seu percorrido, persoal do Instituto explicoulle algunhas das pezas máis representativas dos ricos fondos patrimoniais que custodia o centro, salvo aquelas que se atopan en proceso de limpeza e restauración -con fondos propios do CSIC- no taller dunha empresa especializada, moitas dos cales proceden do Seminario de Estudos Galegos. O percorrido finalizou na biblioteca, unha das máis nutridas de Galicia no ámbito das ciencias históricas.