Esta mañá, 8 de febreiro de 2024, no IEGPS e dentro das actividades organizadas para conmemorar o “Día Internacional de la mujer y la niña en la Ciencia” tivo lugar a videoconferencia titulada “Ciencia en Feminino no IEGPS. As científicas tamén foron á escola”.
Esta actividade, coordinada pola Unidad de Cultura Científica (UCC) da Delegación CSIC Galicia, supón un multitudinario encontro cos centros educativos participantes no proxecto Faro da Escola, no que Patricia Martín Rodilla (científica titular), María Rivo e Jenifer Fernández (técnicas superiores), mulleres dedicadas profesionalmente a ciencia no IEGPS, conversaron co alumnado e docentes sobre a súa vocación, o seu traballo e a súa experiencia na investigación en Ciencias Humanas. Foi moderado por Luisa Martínez Lorenzo responsable de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia.
O encontro levou a cabo por vídeo-conferencia e nela participaron máis de 6 centros de ensino, aos que hai que unir aqueles que solicitaron vela en diferido.