Terceira sesión do "V ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal"

Inscrición previa en: https://saco.csic.es/apps/forms/embed/AX8bnnzdt6tdFjbRrbKPtdg7

O próximo, 27 de marzo de 2025, terá lugar o terceiro relatorio do “V ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal” que será impartido pola Dr.ª Esther Corral Díaz (USC), titulado “A vida das mulleres a través das cantigas”.
Esther Corral Díaz é Catedrática de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde exerce a súa docencia. (ORCID: 0000-0003-0199-0790, web académica). As súas liñas de investigación céntranse na “literatura románica medieval” desde un punto de vista transversal (narrativa extensa, narrativa breve, lírica) e nos Estudos de Xénero na Idade Media. Neste último ámbito enmárcanse varios proxectos de investigación dos que foi Investigadora Principal. O último leva por título “Voces, representaciones y espacios femeninos en la lírica gallego-portuguesa” (PID2019-108910GB-C2), en coordinación coa Universidade de Barcelona (https://womenandmedievalsong.ub.edu/), no que se aborda o estudo dos diferentes papeis da muller na lírica trobadoresca europea.
A súa tese doutoral, A muller na lírica galego-portuguesa: análise das súas denominacións (1993), centrábase no ámbito feminino da Idade Media e adscribíase ao campo da Historia das Mulleres que estaba a iniciar o seu desenvolvemento na Península Ibérica. Este traballo foi ampliado e actualizado como libro en As mulleres nas cantigas medievais (Edicións do Castro, 1996, con reimpresión en 1999).
Entre as súas últimas publicacións  destaca “Modelos de reinas en relación la lírica gallego-portuguesa: el mecenazgo de Leonor Plantagenet y Berenguela de Barcelona”, no volume colectivo Estereotipos femeninos desde la antigüedad clásica hasta el siglo XVI, De Gruyter, Berlin, 2022; “Imágenes equinas denigratorias en femenino en las líricas occitana y gallego-portuguesa”, en Limiares homen animal na literatura, Peter Lang, 2023; a edición do libro Voces de mujeres en la Edad Media: entre realidad y ficción (Berlin, De Gruyter, 2018) e a coordinación do volume XIII da revista Ad Limina (2022), titulado Cultura escrita, mujeres y peregrinación en la Europa medieval. Recentemente coordinou, xunto con Yara Frateschi Vieira, a antoloxía, Mulleres medievales. Textos e imaxes na lírica galego-portuguesa, Universidade de Santiago de Compostela, 2023, que recolle unha selección de 120 textos con imaxes da lírica galego-portuguesa, acompañados dun estudo literario e de información histórica, e, xunto a Meritxell Simó, o número 14 da Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos (unha revista catalogada como Q1).
O webinario centrarase no estudo das vidas das mulleres na Idade Media a través da mirada dos textos pertencentes á lírica profana galego-portuguesa. As Cantigas visibilizan a experiencia feminina, reflicten normas sociais e de xénero, e mostran os modelos femininos que a ideoloxía do amor cortés impón, así como as distorsiones desa imaxe a partir das críticas que reciben. Ademais, estas fontes poéticas dan a coñecer a presenza das mulleres nas estruturas de poder da sociedade e no ámbito profesional da época.

A este terceiro webinario, titulado “A vida das mulleres a través das cantigas” seguiranlle os meses seguintes:
24 abril: Carlos Andrés González Paz (IEGPS — CSIC-Xunta de Galicia), co título “San Rosendo: el báculo, el hábito, la pluma y la espada”.
5 junio: Maria Cristina Cunha (Universidade do Porto), co título “Notários públicos galegos e portugueses e seus formulários. Alguns exemplos (1250-1350)”.
26 junio: César Olivera Serrano (CCHS — CSIC), co título “Intercambios sociales transfronterizos luso-castellanos (siglos XIV-XV)”.
17 de julio: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (IEGPS — CSIC-Xunta de Galicia), co título “D. Fernando de Castro y los suyos. Antes y después”.

Para cada un dos webminarios requírese inscrición previa no seguinte formulario:

https://saco.csic.es/apps/forms/embed/AX8bnnzdt6tdFjbRrbKPtdg7

 

Scroll to Top