O próximo 22 de abril de 2025, ás 10:30 h, terá lugar no IEGPS, o seminario de especialización titulado “Elcano y Loaysa: del Mediterráneo a la Especiería” impartido por Tomás Mazón Serrano.
Tomás Mazón Serrano é investigador independente, escritor e divulgador especializado nas historias das dúas primeiras voltas ao mundo e outras expedicións españolas de descubrimento.
Os seus traballos de investigación se reunen na web rutaelcano.com, que conta con máis dun millón e medio de visitas, conformando unha plataforma de contidos referenciada en diferentes portais especializados de España e Portugal ao redor da primeira volta ao mundo. En versión impresa publicou Elcano, viaje a la historia (2020 e 2022, edición ampliada); Espinosa, el último capitán de la vuelta al mundo (2022); ou máis recentemente, La vuelta al mundo maldita, la expedición de Loaysa (2024).
Ademais, impartiu medio centenar de conferencias tanto de carácter académico como divulgativo; colaborou en cinco exposicións temáticas e tamén no documental “El Viaje Más Largo”. Conta con ao redor dun centenar de aparicións en prensa escrita e radio, podcasts etc., con colaboracións en medios de comunicación como RTVE, COPE, Onda Cero, SER, RNE ou en cabeceiras como El País, ABC, La Razón o La Vanguardia, entre outras.
En 2022 recibiu o “Premio Casa Asia 2022”, na categoría Cultura y Sociedad, pola súa investigación coidadosa e con gran riqueza de fontes acerca da primeira volta ao mundo, realizada fóra do seu ámbito profesional; e tamén o “XI Premio del Círculo de Artesanos de Sanlúcar de Barrameda a la Cultura y a la Historia” pola web rutaelcano.com