Seminario de especialización de Sara Torregrosa Hetland (Universidad Pública de Navarra) e Oriol Sabaté (Universidad de Barcelona)

O próximo 26 de setembro de 2024, ás 10:30 h, terá lugar no IEGPS o seminario de especialización titulado "Los efectos distributivos de la fiscalidad indirecta en los primeros estados del bienestar”, impartido pola Dr.a Sara Torregrosa Hetland e o Dr. Oriol Sabaté.
Sara Torregrosa Hetland doutorouse en 2016, na Universidad de Barcelona, coa tese “Sistema fiscal e redistribución: a transición fiscal española (1960-1990)” e, na actualidade, goza dun contrato postdoutoral do Programa Ramón y Cajal no Departamento de Economía da Universidad Pública de Navarra.
Sara Torregrosa é autora da monografía The Spanish Fiscal Transition: Tax reform and inequality in the late twentieth century, Palgrave Studies in Economic History (2021) e de varios artigos, entre os últimos: en 2022, en coautoría con Oriol Sabaté, “Income tax progressivity and inflation during the World Wars”, European Review of Economic History 26 (3), páxs. 311-39; e tamén en coautoría con José Peres-Cajías e Cristián Ducoing, “Resource abundance and public finances in five peripheral economies, 1850-1939”, Resources Policy 76 (June), 102539.
Ademais, é coeditora de Investigaciones de Historia Económica - Economic History Research onde previamente, entre 2020 e 2022, fora asociada; durante 2020 e 2021 foi consultora do Banco Interamericano de Desarrollo, co proxecto “Desigualdad en evasión tributaria: Estudio sobre el impuesto sobre la renta en Brasil” e, entre 2018 e 2020, membro da Asociación Española de Historia Económica (AEHE).

Oriol Sabaté é Investigador Beatriu de Pinós na Universidad de Barcelona. Doutor en Historia Económica pola mesma universidade, foi tamén Investigador postdoutoral Marie Curie no Departamento de Ciencias Políticas da universidade de Lund (Suecia). As súas liñas de traballo principais son a capacidade estatal, as finanzas e políticas públicas, e os conflitos militares.

 

Scroll to Top