Seminario de especialización de Óscar González Murado

O próximo 12 de maio de 2025, ás 11:30 h, terá lugar no IEGPS, un novo seminario de especialización titulado “A formación do Arquivo diocesano de Lugo” impartido polo Dr. Óscar González Murado.
Óscar González Murado (Santa María de Valonga, 1976) é doutor en Historia de la Iglesia pola Universidad Pontificia Gregoriana de Roma coa tese titulada “Lecturas y lectores de la biblioteca pública episcopal de Lugo (1771-1835)”, publicada en Lugo, no ano 2023, pola Diocese de Lugo, baixo o mesmo título. Na actualidade, é director do Archivo Diocesano de Lugo e, ademais, profesor no Instituto Teológico Lucense e no Instituto de Ciencias Religiosas.
Compaxina o seu labor coa investigación publicando fundamentalmente en Lvcensia, Bases, Descubriendo el Deza, ou Corga, sobre temas de historia relixiosa local, fundamentalmente fontes e catálogos de documentación conservados no Archivo Diocesano de Lugo. Actualmente está a preparar como coeditor da obra de Inocencio Portabales Nogueira, o Abecedario de la Catedral de Lugo, índices das Actas Capitulares do cabido catedralicio lucense.
Ademais destas incursións en temas de historia de la Iglesia lucense tamén foi colaborador, xunto con Manuel Rodríguez Sánchez e Marisa Doval, na edición da Colección Diplomática de Ventura Cañizares del Rey, cóengo lucense e compostelán sucesivamente.

Scroll to Top