O próximo 22 de maio de 2024, ás 11.30 h, terá lugar no IEGPS o seminario de especialización titulado “De pousa a pazo: el proceso de monumentalización de la vivienda nobiliaria en Galicia (siglos XVI-XIX)”, impartido polo Dr. Leopoldo Fernández Gasalla.
Leopoldo Fernández Gasalla doutorouse na USC, no ano 2004, coa tese La arquitectura en tiempos de Domingo de Andrade. Arquitectura y sociedad en Galicia (1660-1712) e na actualidade é Catedrático de Ensino Medio coa máxima cualificación da comisión avaliadora (2008). É, ademais, colaborador científico do Grupo de Investigación Iacobus. Estudos sobre patrimonio (G-1909) da Facultade de Xeografía e Historia da USC desde 2004, así como do Grupo Atenea da Universidade de Málaga (tamén desde 2004).
As súas principais liñas de investigación son a historia e socioloxía da arte moderno de Galicia; a historia da cultura moderna en Galicia; e a historia militar de Galicia.
Da primeira, a historia e socioloxía da arte moderno de Galicia, publicou obras como La arquitectura en tiempos de Domingo de Andrade. Arquitectura y sociedad en Galicia (1660-1712) (Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións dá Universidade de Santiago de Compostela, 2004); ou Aprendizaje, formación artística y sociedad en Galicia (1517-1710) (Santiago de Compostela, Andavira, 2017).
Sobre o mundo da arquitectura pacega publicou:
“El mecenazgo de la familia Mondragón. El pazo de Santa Cruz de Rivadulla”, Abrente, 23-24 (1991-92); “La biblioteca de D. Andrés de Mondragón, I Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, mecenas y político gallego del siglo XVII (1645-1709)”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XLII, 107 (1995); “Arquitectura doméstica”, en Carlos del Pulgar Sabín (ed.), Artistas galegos, Arquitectura do século XVI (Vigo, Nova Galicia Edicións, 2006).
Na súa tese doutoral, estudou e documentou ademais do pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra), o pazo de Franzomel (Oleiros), Quinta de Teáns (Salvaterra de Miño), Pazo de Maceda (Pontevedra) e Pazo de Baldomir (Bergondo), ademais de diversas mansións urbanas en Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Viveiro.
Na segunda das súas liñas, a historia da cultura moderna en Galicia, prestou particular atención á formación intelectual dos artistas, dos clientes e das súas bibliotecas.
Finalmente, na centrada na historia militar de Galicia, publicou obras como “La participación de la Marina inglesa en la Guerra de la Independencia en Galicia”, en Alfredo López Serrano, Feliciano Páez-Camino Arias (coords.) La Guerra de la Independencia, 1808-1814 (Madrid, AEPHG, 2008); Galicia en la Guerra de Sucesión. 1701-1714 (Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2018, col. Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, núm. 45); “El contrabando de armas durante la III Guerra Carlista. El incidente del Deerhound (1873)”, Revista de Historia Naval, XLI, 160 (2023).
Es miembro del Comité Español de Historia del Arte y de la Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela y ha impartido docencia o pronunciado conferencias, entre otras, en la Universidad de Santiago de Compostela, Universidad de Zaragoza, Museo Provincial de Lugo, Museo de Pontevedra, Centro Autonómico de Formación e Innovación (Xunta de Galicia) o el Museo Regional Militar de A Coruña.
É membro do Comité Español de Historia del Arte e da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela e impartiu docencia ou pronunciado conferencias, entre outras, na Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Zaragoza, Museo Provincial de Lugo, Museo de Pontevedra, Centro Autonómico de Formación e Innovación (Xunta de Galicia) ou no Museo Rexional Militar da Coruña.