Seminario de especialización de José Ramón Díaz de Durana (Universidad del País Vasco)

O próximo 18 de xullo de 2024, ás 10.30 h, terá lugar no IEGPS o seminario de especialización titulado "Hidalgos e hidalguía en la Corona de Castilla (siglos XIII-XV)", impartido polo Dr. José Ramón Díaz de Durana.
José Ramón Díaz de Durana é Catedrático de Historia Medieval na Universidad del País Vasco (2002). En 1985 defendeu a súa tese doutoral, dirixida polo Profesor José Ángel García de Cortázar e a finais dos anos 90 orientou a súa investigación cara ao estudo da fidalguía no norte peninsular. Os resultados poden atoparse en La otra nobleza: escuderos e hidalgos sin nombre y sin historia: hidalgos e hidalguía universal en el País Vasco al final de la Edad Media (1250-1525) (Bilbao, 2004) e en Anonymous Noblemen. The Generalisation of Hidalgo status in the Basque Country (1250-1525) (Tornhout, Brepols, 2011). Traballou tamén sobre outros temas relacionados co mundo rural e as vilas cantábricas, o acceso ao poder, a identidade e o discurso político e fiscal dos fidalgos e as xentes do común deses territorios. Toda a información sobre as súas publicacións pode atoparse tanto en ORCID 0000-0002-5774-7178 como no Portal academia.edu: https://ehu.academia.edu/JoséRamónDíazdeDurana/
Dirixiu cinco teses doutorais e é IP do grupo de Investigación Consolidado do Goberno vasco Sociedades, procesos, culturas (siglos VIII-XVIII), (2022-25) e do proxecto de investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades Violencia y transformaciones sociales en la nordeste de la Corona de Castilla (siglos XIV-XV) (2022-25). É tamén codirector de Hilame, proxecto científico colaborativo de datos prosopográficos da cornixa cantábrica das idades media e moderna. Ademais, é “Responsable del Doctorado Interuniversitario” (UPV-UVA) Europa y el mundo atlántico: poder, cultura y sociedad desde decembro de 2009.
Tamén foi responsable na Universidad del País Vasco do Máster Interuniversitario Internacional Europa y el mundo atlántico: poder, cultura y sociedad (Universidad del País Vasco/Universidad de Valladolid/Universidad de Verona/Universidad de Nantes/École des Hautes Études en Sciences Sociales) desde Julio do 2007 ata Agosto 2013; da Unidade de Formación e Investigación da Universidad del País Vasco Historia, Pensamiento y Cultura Material: Europa y el Mundo Atlántico (2012-2016) e do Grupo de Estudios del Mundo Rural (Unidade Asociada ao CSIC). Así mesmo, foi Director do Departamento de Historia Medieval Moderna y de América desde 2009 a 2020.
Finalmente, foi membro do Comité Asesor da revista Hispania, de Editorial CSIC, entre 2006- 2015 e o é na actualidade de Aragón en la Edad Media desde 2015 e do Consello de Redacción da Studia Historica Historia Medieval desde 2010.

Scroll to Top