Segunda sesión do "V ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal" enmarcada no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 2025

Inscrición previa en: https://saco.csic.es/apps/forms/embed/AX8bnnzdt6tdFjbRrbKPtdg7

O próximo, 27 de febreiro de 2025, terá lugar, no marco do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 2025, o segundo relatorio do “V ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal” que será impartida pola Dr.ª Margarita Vázquez Corbal (UNAM – UNED), titulada “Entre dos ríos y dos reinos: el arte románico en la antigua diócesis de Tui y las relaciones artísticas entre Galicia y Portugal”.
Margarita Vázquez Corbal é doutora internacional en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2015) coa tese “El arte románico en la antigua diócesis de Tui” e actualmente é Profesora Axudante Doutora na Universidad del Atlántico Medio (UNAM) na cal imparte docencia nos graos online de Educación Infantil e Educación Primaria, labor que compaxina coa de profesora titora da área de Historia del Arte nos Centros Asociados da UNED da Rioja e Tudela aos que se incorporou nos cursos 2018-2019 e 2021-2022 respectivamente.
As súas liñas de investigación céntranse na arte medieval e as relacións artísticas entre Galicia e Portugal, no mecenado artístico feminino na Idade Media e no Camiño de Santiago.
Entre as súas publicacións cabe destacar as súas contribucións ás obras colectivas El mundo cultural y artístico de las mujeres en la Edad Moderna (UNED, 2021); Memoria, Presencia e Imaxen do Franciscanismo (USC, 2019); Las fronteras en la Edad Media Hispánica siglos XIII al XV (Universidades de Sevilla y Granada, 2019) o Exteriors i interiors retalls d'història d'art medieval (Pagès Editors, 2017). Ademais de artigos en revistas como Potestas (2018), Mirabilia Ars (2018), diversas contribucións na Revista de la Fundación Rutas Cicloturísticas del Románico (2004-2010) ou ao Boletín del Instituto de Estudios Tudenses “Castellum Tyde” (2018) entidade á que pertence como membro de número.
Neste webinario a doutora Vázquez Corbal falará de como a antiga diocese de Tuy, diocese transfronteiriza ata 1444, exemplifica as singulares relacións entre Galicia e Portugal durante a Idade Media a través da arte románico. Debido a que, en palabras da propia relatora o análise da arte románico nesta diocese permite recoñecer as influencias diversas e os talleres itinerantes que traballan nun espazo diocesano común bañado polos ríos Miño e Limia e descubrir unha variante do románico singular a través de exemplos artísticos que mostran a existencia duns elementos que serven de cohesión para un estilo único, cuxos ecos van ir máis aló da antiga área diocesana tudense e onde a Catedral de Tui non soamente actúa como principal foco receptor e difusor do románico, senón tamén como punto de encontro ao unir nos ámbitos relixioso e cultural un territorio obxecto de disputa política.

A este segundo webinario, titulado “Entre dos ríos y dos reinos: el arte románico en la antigua diócesis de Tui y las relaciones artísticas entre Galicia y Portugal” seguiranlle os meses seguintes:
27 marzo: Esther Corral Díaz (USC), co título “A vida das mulleres a través das cantigas”.
24 abril: Carlos Andrés González Paz (IEGPS — CSIC-XUNTA DE GALICIA), co título “San Rosendo: el báculo, el hábito, la pluma y la espada”.
5 xuño: Maria Cristina Cunha (U. PORTO), co título “Notários públicos galegos e portugueses e seus formulários. Alguns exemplos (1250-1350)”.
26 xuño: César Olivera Serrano (CCHS — CSIC), co título “Intercambios sociales transfronterizos luso-castellanos (siglos XIV-XV)”.
17 de xullo: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (IEGPS — CSIC-XUNTA DE GALICIA), co título “D. Fernando de Castro y los suyos. Antes y después”.

Para cada un dos webminarios requírese inscrición previa no seguinte formulario
https://saco.csic.es/apps/forms/embed/AX8bnnzdt6tdFjbRrbKPtdg7

 

 

Scroll to Top