Presentación e primeira sesión do "V ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal"

Inscrición previa en: https://saco.csic.es/apps/forms/embed/AX8bnnzdt6tdFjbRrbKPtdg7

O próximo xoves, 30 de xaneiro de 2025, terá lugar a inauguración e primeiro relatorio do “V ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales entre Galicia y Portugal”. A inauguración correrá a cargo do director do IEGPS, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, Científico Titular dos Organismos Públicos de Investigación e de João Paulo Martins Ferreira, Investigador Doutor do Programa Talento Sénior da GAIN no IEGPS, coordinador desta nova edición do ciclo. A continuación, terá lugar o primeiro relatorio, que será impartida polo Dr. Luís Carlos Correia Ferreira do Amaral (Universidade do Porto) titulada “Um rei e um reino improváveis: Garcia II e o reino da Galiza (1065-1071)”.
Luís Carlos Correia Ferreira do Amaral é docente no Departamento de Historia e de Estudos Políticos e Internacionais da Facultade de Letras da Universidade do Porto, investigador do CITCEM-UP e membro do CEHR-UCP. Nesta Facultade impartiu, principalmente, as unidades curriculares das áreas de Historia Medieval de Portugal, Historia Medieval Ibérica, Historia Xeral da Idade Media e Historia de la Iglesia en Portugal. Durante a súa carreira académica ha dedicado especial atención aos estudos sobre o poblamiento e organización social do territorio (séculos X-XIII) e sobre as institucións eclesiásticas medievais portuguesas. Entre os seus numerosos estudos publicados, libros e artigos, pódense destacan os máis recentes: Livro de Mumadona. Cartulário do Mosteiro de Guimarães, edición crítica, Lisboa, 2016 (coord.); Um Poder entre Poderes. Nos 900 Anos da Restauração da Diocese do Porto e da Construção do Cabido Portucalense, Porto, 2017 (coord.); Castelo de Guimarães. Livro – Guia do Centro Interpretativo, Guimarães, 2019 (en colaboración con Mário Jorge Barroca); Teresa: a Condessa Rainha, Lisboa, 2020 (2.ª ed., en colaboración con Mário Jorge Barroca); D. Marcos da Cruz. Crónica do Mosteiro de São Salvador de Grijó, Porto, 2023 (en colaboración con Marta Sofia Costa); Igrejas, Poderes e Territórios. Novas perspetivas sobre as relações entre o poder e as Igrejas na Europa medieval (séculos XI-XIV), Porto, 2023 (coord. con Francesco Renzi e Joana Gomes); “A medieval `enigma´: About the ecclesiastical trajectory of the Archbishop of Braga and `Antipope Gregory VIII, Maurice “Bourdin” (11th-12th centuries)”, Lusitania Sacra, tomo XLVIII, julio-diciembre 2023 (en colaboración con Francesco Renzi); Annales Domni Alfonsi Portugalensium Regis / Anais de D. Afonso, Rei dos Portugueses, Guimarães, 2024 (en colaboración con Mário Jorge Barroca). É, ademais, académico correspondente da Academia Portuguesa da Historia.

A este primeiro webinario, titulado “Um rei e um reino improváveis: Garcia II e o reino da Galiza (1065-1071)” seguiranlle os meses seguintes:
27 de febreiro: Esther Corral Díaz (USC), co título “A vida das mulleres a través das cantigas”.
27 de marzo: Margarita Vázquez Corbal (UNAM – UNED), co título “Entre dos ríos y dos reinos: el arte románico en la antigua diócesis de Tui y las relaciones artísticas entre Galicia y Portugal”.
24 de abril: Carlos Andrés González Paz (IEGPS — CSIC-XUNTA DE GALICIA), co título “San Rosendo: el báculo, el hábito, la pluma y la espada”.
5 de xuño: Maria Cristina Cunha (U. PORTO), co título “Notários públicos galegos e portugueses e seus formulários. Alguns exemplos (1250-1350)”.
26 de xuño: César Olivera Serrano (CCHS — CSIC), co título “Intercambios sociales transfronterizos luso-castellanos (siglos XIV-XV)”.
17 de xullo: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (IEGPS — CSIC-XUNTA DE GALICIA), co título ““D. Fernando de Castro y los suyos. Antes y después”.

Para cada un dos webminarios requírese inscrición previa no seguinte formulario: https://saco.csic.es/apps/forms/embed/AX8bnnzdt6tdFjbRrbKPtdg7

Scroll to Top