Onte, 6 de abril de 2022, O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia, presentou o libro “Soportes con figuras en la arquitectura de Galicia y norte de Portugal”, autoría de Ramón J. Yzquierdo Perrín, catedrático emérito da Universidade da Coruña e publicado na serie Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos (Editorial CSIC). O acto contou coas intervencións, ademais do autor, do director do IEGPS, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, e da directora da serie, Amparo Rubio Martínez.
O libro, dunhas 100 páxinas, realiza un percorrido histórico da utilización de soportes con figuras na arquitectura galega e do norte de Portugal, desde o Románico ata o século XVIII, dividido en dez capítulos. O propio autor explicou que “La asociación de figuras a soportes arquitectónicos tiene su origen en la arquitectura egipcia de las dinastías XVIII y XIX, es decir, unos 1.500 años antes de Cristo. La experiencia egipcia la aprovecharon los griegos y los romanos. La desaparición del Imperio Romano y la fragmentación de Europa hacen que caigan en desuso. Con la arquitectura románica resurge la vinculación de figuras y columnas”.
Yzquierdo Perrín é licenciado en Filosofía e Letras, sección de Historia, pola Universidade de Santiago e doutor en Historia da arte. Foi profesor do departamento de Historia da arte da Universidade de Santiago, profesor Adxunto Numerario e catedrático de Historia da arte da Universidade da Coruña. Desde setembro de 2018 é catedrático emérito da Universidade da Coruña.
Participou no equipo que recuperou o Cristo de Conxo, de Gregorio Fernández; estudou, co profesor Otero Túñez, o coro pétreo que o mestre Mateo e o seu taller; e participou no equipo da Consellería de Cultura para restaurar e rehabilitar san Lorenzo de Carboeiro e contorna.
É Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes A nosa Señora do Rosario e correspondente das Reais Academias de Belas Artes e da Historia, en Madrid.