Persoal

Albina Sarymsakova

Albina-def

Lingüista computacional, graduada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Federal de Kazán e Doutora en Estudos Lingüísticos (con Cum Laude e Mención Internacional) pola Universidade da Coruña, cunha tese premiada (Premios Extraordinarios de Doutoramento, UDC) en tecnoloxías lingüísticas e análises de discurso multimodal dos falantes nativos e non nativos de español. É codesarrolladora de Plugin para a análise fonético-fonológico en español, unha ferramenta de software patentada para a análise comparativa instantánea da pronuncia de falantes nativos e non nativos do español. Membro da Sociedade Española do Procesamento de Linguaxe Natural.

 

Datos de contacto
Momentum-sinfondo
Rúa de San Roque, nº 2
15704, Santiago de Compostela
+0034 981540233
albina.s@iegps.csic.es

Temas de investigación.

Os seus principais intereses son as áreas interdisciplinares que inclúen análises e procesamento do discurso oral e escrito, desenvolvemento das tecnoloxías lingüísticas e humanidades dixitais. Isto inclúe estudos multimodales de oralidade, síntese de voz, tecnoloxías de intelixencia artificial para o procesamento de linguaxe e a súa aplicación en diferentes dominios (históricos e socio-culturais). A súa liña de investigación principal no IEGPS enfócase no recoñecemento e anotación de emocións en corpus históricos, utilizando ferramentas de intelixencia artificial.

Outras actividades.

Actualmente, é investigadora externa no “Proxecto Nós” cuxo obxectivo principal é o desenvolvemento de tecnoloxías de Intelixencia artificial para o galego. Colaborou activamente con varios grupos de investigación internacionais, entre eles o Grupo Red Complejidad y Lenguaje da Habana (Cuba), o proxecto CODISCO ("("La construcción discursiva del conflicto: territorialidad, imagen de la enfermedad e identidades de género en la literatura y la comunicación social”), financiado polo Ministerio de Industria y Competitividad y Fondos Feder (Código: FFI2017-85227-R, Periodo: 2018-21, e o Proxecto de I+D+i "DeepR3.gal: Reducing, Reusing and Recycling large models for developing Responsible and Green Language Technologies" (TED2021-130295BC33) del CiTIUS-USC.
Participou en congresos como o VI Congreso de la Sociedad Internacional de Humanidades Digitales Hispánicas e o Congreso Internacional sobre Procesamiento Computacional del Portugués (PROPOR-2024) e tamén formou parte do comité de organización local da Conferencia Europea sobre Inteligencia Artificial (ECAI-2024).

 

Publicacións recentes

Albina Sarymsakova, Xulia Sánchez-Rodríguez e Marcos Garcia

“Towards accurate dependency parsing for Galician with limited resources”, Procesamiento del lenguaje natural, 73 (2024), páxs. 247-257. doi 10.26342/2024-73-18. Dispoñible en: http://journal.sepln.org/sepln/ojs/ojs/index.php/pln/article/download/6614/4006

Albina Sarymsakova e Patricia Martin Rodilla

"Análisis acústico-digital de la entonación del español hablado por anglófonos", Revista de Humanidades Digitales 9 (2024), páxs. 167-86. https://doi.org/10.5944/rhd.vol.9.2024.40146

Xulia Sánchez Rodríguez, Albina Sarymsakova, Laura Castro, e Marcos Garcia

“Increasing manually annotated resources for Galician: the Parallel Universal Dependencies Treebank”, en Proceedings of the 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese,  vol. 1 (2024), Santiago de Compostela, Galicia/Spain, Association for Computational Lingustics, páxs. 587–592. Dispoñible en: https://aclanthology.org/2024.propor-1.65/

Albina Sarymsakova e Patricia Martín Rodilla

“Software-Assisted Identification of Non-Native Pitch Elements for Russian-Speaking Learners of Spanish”. Loquens 10 (1-2),e104 (2023). https://doi.org/10.3989/loquens.2023.e104

Tamara Couto Fernández, Albina Sarymsakova, Nelly Condori Fernández e Patricia Martín Rodilla

“Plugin for Automatisation of Phonetic-Phonological Analysis and Obtaining Analytical Feedback for Spanish Learners”, Annual Conference of the Spanish Association for Natural Language Processing (2022), A Coruña, Spain, páxs. 83-87. Dispoñible en: https://ceur-ws.org/Vol-3224/paper20.pdf

Albina Sarymsakova

“Actos de habla indirectos y su interpretación en el marco prosódico y gestual en interacciones en español de aprendices rusos”, Phonica, 18 (2022), págs 24-45. https://doi.org/10.1344/phonica.2022.18.24-45

Publicaciones recientes

Error: View d590e4e8nh may not exist

Scroll to Top