O IEGPS acolle o acto de homenaxe ao persoal CSIC que cumpriu 25 ou 50 anos de servizo ao Organismo

Esta mañá, 20 de febreiro de 2024, e organizado pola Delegación do CSIC en Galicia, tivo lugar na sede do IEGPS o acto de homenaxe ao persoal do CSIC en Galicia que cumpriu 25 ou 50 anos de servizo ao Organismo.
Este ano, ademais da entrega de insignias e diplomas ao persoal do CSIC en Galicia que cumpriron anos de servizo no ano 2022, fíxose entrega tamén aos que o fixeron en 2021.
O acto estivo presidido por Carmen González Sotelo, Delegada Institucional do CSIC en Galicia e directora do Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (Pontevedra) e iniciouse cunhas palabras de benvida e felicitación do Director do IEGPS, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda. En nome dos premiados pronunciaron un emotivo discurso Sandra María Louzán do IEO CORUÑA e Ángel Francisco González do IMM.

Os premiados, por orde alfabética, foron:
Santiago Cerviño López (IEO VIGO), 25 años.
Ángel Francisco González González (IIM), 25 años.
Jorge Lorenzo Salamanca (IEO CORUÑA), 25 años.
Sandra María Louzán Tomé (IEO CORUÑA), 25 años.
Graham John Pierce (IIM), 25 años.
Francisco Javier Rey Campos (MBG), 25 años.
Ángel Rodríguez Paz (INCIPIT), 25 años.
José Luis Villaverde Rosales (IEO VIGO), 50 años.

Ao acto asistiron, entre outros representantes institucionais, Rafael Zas director da Misión Biológica de Galicia; Rosa Figueroa, directora do Centro Oceanográfico de Vigo; e Luz García, directora do Centro Oceanográfico de Coruña.

 

Scroll to Top