Da vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia
Monografía 21, 2024, CSIC; Xunta de Galicia, 198 páxs.
Resumo: a conxunción de determinadas circunstancias, como a suavidade meteorolóxica, o incremento demográfico, a bonanza económica ou a mellora dos sistemas de comunicación, xeraron un escenario favorable, receptivo, á introdución e o florecemento do fenómeno urbano na área cantábrica galega, edificado sobre un substrato orgánico previo nun medio rural no que estas novas realidades non se integran de forma disruptiva, senón interactuante e retroalimentada. Neste sentido, á altura do século XIII, a paisaxe urbana da Mariña de Lugo está completo, mostrándose unha instantánea heteroxénea de conglomerados costeiros e interiores, que se constitúen en instrumentos de vertebración de grandes áreas territoriais, sexan as principais rías altas (Ribadeo e Viveiro), que actúan de cordón umbilical entre os medios terrestre e marítimo, de pasarela entre as esferas física e antropogenética, sexan os vales fluviais máis destacados, con Vilamaior de Mondoñedo e Vilanova de Lourenzá na conca do río Masma e a vila de Castro d’Ouro na conca do río d’Ouro.
Como citar: Carlos BALIÑAS PÉREZ e Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ (eds.), Da vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2024 (Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos, 21).