Historia e emocións: Caracterización e avaliación de técnicas de lingüística computacional e modelos de linguaxe en minería de emocións desde fontes históricas

Investigadora Principal: Patricia Martín Rodilla.
Organismo financiador: Programa Momentum CSIC. Invitación Xeral Red.es para participar nos programas de atracción e retención do talento dentro do Investimento 4 do Compoñente 19 do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. UE-Next Generation.
Período: Decembro 2024 - Decembro 2028.
Obxectivo: caracterizar e avaliar as técnicas de lingüística computacional existentes en minería de emocións desde fontes históricas. Que podemos extraer dos nosos corpora documentais que nos permita apoiar hipóteses históricas e realizar unha investigación máis humana desde as mesmas? Que reflicten sobre os autores os textos producidos? Realizaranse por tanto tarefas de estudo da estado da arte en lingüística computacional e minería de emocións (extracción de emocións desde texto), selección de corpora históricos documentais de interese, anotación e avaliación das técnicas sobre os corpus seleccionados, así como avaliación empírica con historiadores dos resultados obtidos. Ademais, o proxecto contempla a elaboración dunhas guías de uso en minería de emocións en contextos históricos.

Scroll to Top