Investigación
Proxectos

Historia e emocións: Caracterización e avaliación de técnicas de lingüística computacional e modelos de linguaxe en minería de emocións desde fontes históricas
Investigadora Principal: Patricia Martín Rodilla.
Organismo financiador: Programa Momentum CSIC. Invitación Xeral Red.es para participar nos programas de atracción e retención do talento dentro do Investimento 4 do Compoñente 19 do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. UE-Next Generation.
Período: Decembro 2024 - Decembro 2028.
Obxectivo: caracterizar e avaliar as técnicas de lingüística computacional existentes en minería de emocións desde fontes históricas. Que podemos extraer dos nosos corpora documentais que nos permita apoiar hipóteses históricas e realizar unha investigación máis humana desde as mesmas? Que reflicten sobre os autores os textos producidos? Realizaranse por tanto tarefas de estudo da estado da arte en lingüística computacional e minería de emocións (extracción de emocións desde texto), selección de corpora históricos documentais de interese, anotación e avaliación das técnicas sobre os corpus seleccionados, así como avaliación empírica con historiadores dos resultados obtidos. Ademais, o proxecto contempla a elaboración dunhas guías de uso en minería de emocións en contextos históricos.

Tecnoloxías lingüísticas para a comprensión da conexión pasado-presente desde fontes textuais. Primeiras aproximacións
Investigadora Principal: Patricia Martín Rodilla.
Organismo financiador: Vicepresidencia de Investigación Científica y Técnica, CSIC.
Período: 2024-2025.
Obxectivo: consolidación da liña de traballo no estudo por medios computacionales da conexión pasado-presente. A formulación inclúe as actividades de estudo e avaliación de modelos computacionales, así como a exploración das posibilidades dos modelos en diversas fontes, contextos e/o problemáticas investigadoras históricas.

A casa señorial en Galicia (séculos XIII-XVII): documentos, linaxes e armerías
Investigadores Principais: Pablo S. Otero Piñeyro Maseda e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.
Organismo financiador: CSIC.
Período: 2023-2026.
Resumo: Contextualización e rendibilización social do patrimonio social do patrimonio monumental, artístico e documental ao redor da casa señorial e, en especial, en todo o que se refire á articulación social do espazo e á presenza na xeografía galega tanto da chamada arquitectura señorial como da diversidade de testemuños concibidos para perpetuar a súa memoria.

Facenda real, poder e sociedade en Galicia no tránsito do Medievo á Modernidade (1450-1550)
Investigador Principal: Amparo Rubio Martínez.
Organismo financiador: Vicepresidencia de Investigación Científica y Técnica, CSIC.
Período: 2022-2023.
Objetivo: o proxecto pretende profundar no coñecemento das estruturas fiscais e sistemas impositivos do reino de Galicia durante o período baixomedieval, prestando atención á relación que establece o poder real cos poderes señoriais do Reino a través da súa participación nas rendas da monarquía.

Neocamiños
Investigador Principal: Antón M. Pazos.
Organismo financiador: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Xunta de Galicia.
Período: 2021-2024. Adenda 31/05/2025.
Objetivo: o obxecto xeral do convenio de investigación "NEOCAMIÑOS" consiste en afondar no coñecemento interdisciplinario do fenómeno xacobeo coa finalidade do deseño conceptual e a aplicación práctica dunha ferramenta metodolóxica destinada á identificación e delimitación de "novas" rutas dos Camiños de Santiago en Galicia e a súa relación cos territorios históricos.

La casa señorial en Galicia (siglos XIII-XVI). Materiales para su estudio.
Investigador Principal: Pablo S. Otero Piñeyro Maseda.
Organismo financeiro: Ministerio de Economía, Industria y Competitividad (HAR2017-82480-P).
Período: 2018-2021.
Obxetivo: abordar unha reflexión global sobre a casa señorial na Galicia dos séculos XIII ao XVI para establecer sobre unha sólida base heurística os seus trazos definitorios, e á vez un panorama axustado dos procesos que a forxaron e materializaron ao longo do período de referencia. (ampliar información)

Linaje, parentela y poder: la pirámide nobiliaria gallega (siglos XIII al XV) (II).
Organismo financeiro: Ministerio de Economía y Competitividad (HAR2013-42985-P).

Las peregrinaciones a Santiago de Compostela en la segunda mitad del siglo XIX: entre tradición y modernidad en el contexto europeo.
Organismo financeiro: Ministerio de Ministerio de Economía y Competitividad (HAR2014-58753-P).

Linaje, parentela y poder: la pirámide nobiliaria gallega (siglos XIII al XV) (I).
Investigador Principal: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.
Organismo financeiro: Ministerio de Ciencia e Innovación (HAR2010-18378).
Período: 2011-2013.
Obxetivo: identificación e estudo da estrutura interna dun grupo representativo de liñaxes, recoñecemento das redes parentais e clarificación do proceso de xerarquización da nobreza galega ao longo dos últimos séculos medievais.

El encuadramiento obrero en la España de la posguerra. (ENOBREP).
Investigador Principal: Antón M. Pazos.
Organismo financeiro: Ministerio de Ciencia e Innovación (HAR2010-17955/HIST).
Período: 2011-2013
Obxetivo: estudo das condicións de encadramento social dos traballadores segundo os distintos actores sociais e os enfrontamentos internos no réxime polo control social conseguinte.

A cultura dos pazos en Galicia: o Pazo de Tovar. (CULTURPAZ).
Investigador Principal: Antón M. Pazos.
Organismo financeiro: Xunta de Galicia (10SEC606033PR)
Período: 2010-2013.
Obxetivo: análise da cultura e o patrimonio pacego de Galicia, procurando unha análise comparativa con realidades similares europeas, entre os séculos XVI-XX.

CUIUS REGIO. An analysis of the cohesive and disruptive forces destining the attachment of groups of persons to and the cohesion within regions as a historical phenomenon. (CURE).
Investigador Principal: Dick de Boer, University of Groningen, Netherlands; Investigador principal do Grupo Portugués: Luis Adão da Fonseca; Investigador responsable del Grupo Español, integrado no Grupo Portugués: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.
Organismo financeiro: European Science Foundation «EuroCORECODE Collaborative Research Projects (CRPs)», Funded by: ETF, FIST, FCT, GAČR, NURCR, NOW.
Período: 2010-2013.
Obxetivos: análise diacrónica (séculos XII ao XIX) dun grupo de rexións europeas con diferente variedade morfolóxica, tipolóxica e histórica, para comprender -á vista dos seus procesos históricos- como se constituíron en entidades rexionais, xuridicamente recoñecidas e ben cohesionadas, en estados independentes ou en rexións culturais con escasa identificación.