Inauguración da exposición “Os nosos castelos: A Limia, terra de torres” en Santiago de Compostela

O próximo luns, 29 de xaneiro de 2024, ás 12.30 horas, terá lugar nas instalacións do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) do Antigo Hospital de San Roque a inauguración da exposición “Os nosos castelos: A Limia, terra de torres”. Promovida polo IEGPS coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia (Ourense), está comisariada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Profesor Ad Honorem del CSIC e director honorario do IEGPS, e coordinada por João Paulo Martins Ferreira, Investigador Talento Senior del IEGPS. Nesta edición, xunto ao equipo de traballo das edicións anteriores, incorporouse a Fernando Dopico Blanco, colaborador externo do IEGPS. A mostra conta, ademais, co patrocinio da Axencia Turismo de Galicia.
A exposición está formada por 12 paneis que tratan a historia medieval da Limia, a súa pegada na arquitectura señorial e as liñaxes dominantes na terra da Limia durante os séculos XIV-XVI. A eles engádese unha composición audiovisual sobre as torres da Porqueira, Sandiás e Portela e, como xa se fixo en anteriores edicións, unha publicación web onde os usuarios poderán visualizar os paneis divulgativos da exposición, coñecer as principais biografías de personaxes históricos relacionados coas torres nos séculos finais da Idade Media, consultar galerías de fotografías, ou visualizar os debuxos galardoados no concurso “Debuxando os nosos castelos”, no que participaron diferentes colexios de Xinzo de Limia durante o mes de novembro de 2023.
No acto inaugural intervirán entre outras autoridades o Director del IEGPS, o Comisario da mostra e o seu coordinador; estes últimos realizarán de seguido unha visita guiada pola exposición.
A mostra permanecerá aberta ao público no IEGPS até o 29 de febreiro, de luns a venres entre as 10:00 e as 20:00 horas. A entrada será de balde.

Scroll to Top