Durante o mes de abril de 2025 terá lugar no IEGPS o curso “Innovación y valorización social del conocimiento científico en patrimonio cultural” cuxo obxectivo é introducir aos participantes nos conceptos da innovación e a súa aplicación ao ámbito do patrimonio cultural, facendo fincapé nos procesos de intercambio e transferencia do coñecemento (ITC) entre a comunidade académica e científica, e o sector do patrimonio cultural, para que poidan deseñar estratexias eficaces de innovación e valorización social do coñecemento científico.
Está dirixido a estudantado universitario, persoal investigador do ámbito do patrimonio cultural, persoal de xestión cultural, profesionais do sector cultural e interesados en o patrimonio cultural.
Terá unha modalidade hibrida, con fases virtuais e presenciais, e unha duración de 50 h (35 virtuais e 15 presenciais) repartidas entre as seguintes datas:
Primeira fase virtual: 1 ao 8 de abril de 2025.
Fase presencial: 9 e 10 de abril de 2025.
Segunda fase virtual: 11 ao 28 de abril de 2025.
PREINSCRIPCIÓN entre o 3 e o 20 de marzo de 2025 ás 14:00 horas – horario peninsular.
Contacto: henar.silva@iegps.csic.es tlf.: 981 54 02 42