O vindeiro mércores, 20 de abril de 2022, terá lugar o cuarto relatorio do II ciclo de webinarios divulgativos do IEGPS: «Vidas medievales en Galicia», impartida por Amparo Rubio Martínez, baixo o título «El notario compostelano Lope Gómez de Marzoa. De hombre de negocios a mecenas de la cultura».
Amparo Rubio Martínez es Licenciada en Historia (2000) e Doutora en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid (2007) coa tese titulada “Hacienda y gobierno de los Reyes Católicos en Galicia”. As súas liñas de investigación céntranse no estudo da Facenda e a Fiscalidade Real na Coroa de Castela, durante o período bajomedieval, con especial atención á participación dos grupos de poder nas rendas reais, a rede de axentes fiscais e homes de negocios encargados da xestión do imposto, o crecemento económico, as pautas de consumo e a desigualdade social no tránsito do medievo á modernidade.
Na actualidade, é Científica Titular no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC) de Santiago de Compostela, onde desenvolve o seu labor investigador no marco do grupo de investigación “Historia y Patrimonio”, actividade que complementa coas súas tarefas docentes como Profesora Asociada na área de Historia Medieval da Universidade de Burgos.
Entre os seus méritos curriculares cóntase a participación en proxectos de investigación competitivos, a publicación de máis dunha trintena de traballos entre monografías, capítulos de libro e artigos en revistas especializadas, a presentación de relatorios en congresos nacionais e internacionais, e a realización de diversas tarefas de Xestión I+D+i, entre as que destaca a súa intervención en Comités Científicos, o seu labor como membro do Comité de Redacción da Revísta Cuadernos de Estudios Gallegos (Editorial CSIC) e como directora da Colección Monografías da devandita revista.
No webinario analizarase a traxectoria vital e profesional dun home de negocios de finais do século XV: o notario compostelán Lope Gómez de Marzoa. Entre outras cuestións, prestarase atención ás súas orixes e vínculos de parentesco, á súa dedicación ao mundo dos negocios mercantís e financeiros, ao patrimonio e rendas acumulado ao longo da súa vida, ao seu labor como mecenas de cultura e a algúns aspectos relativos ás súas últimas vontades que quedaron reflectidos no seu testamento.