No marco do convenio subscrito entre o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, materializouse o ciclo de seminarios «Aproximaciones técnicas a los "nuevos caminos jacobeos"» [Santiago de Compostela, 23-24 de marzo de 2022]. Destinado á formación dos integrantes dos grupos de traballo de gabinete e campo, na súa inauguración participaron Antón M. Pazos, do IEGPS, investigador principal do proxecto "NEOCAMINOS", e María del Carmen Martínez Insua, directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Contou coa intervención de Juan Antonio Naveira Seoane [XUGA], Antón M. Pazos [IEGPS-CSIC], Carlos Andrés González Paz [IEGPS-CSIC], Jesús Conde García [UDC], Xosé Manuel Santos Solla [USC], Ana Goy Diz [USC], Juan Manuel Monterroso Montero [USC] e María Nieves Herrero Pérez [USC]. Nos diferentes relatorios perfiláronse os criterios hermenéuticos dirixidos á análise académica e interdisciplinaria dos "neocamiños" xacobeos.