O IEGPS, centro mixto coa Xunta de Galicia, únese un ano máis á conmemoración do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” cun programa de actividades que inclúe campañas en redes sociais, visitas guiadas ao centro e conferencias tanto divulgativas como de especialización.
Emitirasexe no noso perfil en twitter e na páxina web un vídeo divulgativo para visibilizar ás mulleres que, con diferentes perfís, desenvolven o seu labor no centro, e tamén ofrecerá un fío sobre “Mujeres na Humanística galega”.
O 16 de febreiro terá lugar o webinario “Violante de Aragón en Galicia: poder femenino y geopolítica peninsular en la segunda mitad del siglo XIII”, impartido por Rosa María Rodríguez Porto, da Universidade de Santiago de Compostela. Poderase seguir ás 17.00 horas a través de CONECTA CSIC.
O 23 de febreiro ás 12.00 horas ofrecerá unha visita guiada ás súas instalacións, coa colaboración do Concello de Santiago, con motivo do “Día de Rosalía de Castro”.
O 25 de febreiro acollerá o seminario de especialización “Espacios litúrgicos en monasterios femeninos en la Iberia medieval” impartido por Mercedes Pérez Vidal, da Universidade de Oviedo. Será ás 10.00 horas con entrada libre.