O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) publicou o número 137 de Cuadernos de Estudios Gallegos, revista do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) con 80 anos de traxectoria que difunde resultados de investigación de temática histórica, tanto de carácter xeral como referidos a Galicia. Os seus contidos diríxense á comunidade científica española e internacional, admitindo exclusivamente artigos orixinais, tanto en lingua galega como española, portuguesa, inglesa, alemá e francesa.
Editada desde 1944 como órgano de expresión do IEGPS, comeza a estar dispoñible en liña en 2007, en formato PDF, mantendo a súa edición impresa ata 2023, ano a partir do cal pasa a ser en exclusiva revista electrónica, publicando os seus artigos en formato PDF, HTML e XML-JATS. Os contidos anteriores a 2007 están igualmente dispoñibles en formato PDF desde 1991.
Os artigos que aparecen en Cuadernos de Estudios Gallegos están resumidos e constan nos índices de: SCOPUS (Elsevier B.V., NL); Emerging Sources Citation Index (ESCI) (Web of Science, Clarivate Analytics, USA); Periodicals Index Online, PIO (Chadwick-Healey, ProQuest, UK); Francis (CNRS-Institut d'Information Scientifique et Technique INIST, FRA); Regesta Imperii (Akademie der Wissenschaften und der Literatur, GER); International Medieval Bibliography, IMB (University of Leeds, Brepols Publishers, UK), DOAJ (Lund University Libraries, SE); CWTS Leiden Journal indicators, Centre for Science and Technology Studies (NL) e ISOC (CSIC, SPA). Presente en Latindex (en Catálogo), en e-Revistas, no European Reference Index for the Humanities, ERIH PLUS (ESF) e en REDIB, la Red Iberoamerica de Innovación y Conocimiento Científico.
Así mesmo, Cuadernos de Estudios Gallegos obtivo o Sello de Calidad Editorial y Científica da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) na V Convocatoria de avaliación de revistas (14 de xullo de 2016), sendo renovado en 2024. En 2020 foi recoñecida co Trofeo Galeguidade 2020 a Medios de Comunicación, outorgado polo Consello da Enxebre Orden da Vieira.
O novo número, que pode descargarse gratuitamente sen restricións na páxina web da revista (https://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/issue/view/35), contén doce artigos nos que se abordan temas moi variados, tales como estudos artísticos, comunidades monásticas, arquitectura ou viticultura; a eles súmanse cinco recensións de libros.