Visita ao IEGPS do Conselleiro Maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro e dos Conselleiros Anxo Calvo Silvosa e Tomás Pérez Vidal

Esta mañá, 28 de novembro de 2024, o Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, Juan Carlos Aladro, e os Conselleiros Anxo Calvo Silvosa e Tomás Pérez Vidal realizaron unha visita institucional ao IEGPS onde mantiveron unha reunión co equipo directivo que lles expuxo os diferentes proxectos, actividades científicas e accións culturais que se desenvolven no centro, con vistas a unha futura colaboración en accións concretas relativas ao estudo da fiscalidade.
Posteriormente, realizaron unha visita guiada ás instalacións do IEGPS no Antigo Hospital de San Roque. Durante o seu percorrido, persoal do Instituto explicoulles algunhas das pezas máis representativas dos ricos fondos patrimoniais que custodia o centro, moitas delas procedentes do Seminario de Estudos Galegos, que acaban de ser restauradas con fondos propios do CSIC. O percorrido finalizou na biblioteca, unha das máis nutridas de Galicia no ámbito das ciencias históricas.

Scroll to Top