Sétima e última sesión do IV ciclo de webinarios divulgativos do IEGPS (2024): "Vidas medievales entre Galicia y Portugal"

Inscrición previa en https://forms.gle/HbKvBz5VBW8jJ7C67

O vindeiro venres, 21 de xuño de 2024, terá lugar a sétima e último relatorio do “IV Ciclo de Webinarios Divulgativos del IEGPS (2024): vidas medievales entre Galicia y Portugal”, titulada “Os de Límia/Lima entre a Galiza e Portugal: trajectórias políticas (Séculos XII e XV)”, que será impartido polo Dr. José Augusto de Sottomayor-Pizarro.
José Augusto de Sottomayor-Pizarro é Doutor (1998) e Agregado (2007) en Historia Medieval, pola Universidade do Porto e Profesor Catedrático da Faculdade de Letras, onde é profesor desde 1984. As súas investigacións desenvolvéronse ao redor de dúas liñas complementarias: por unha banda, a nobreza portuguesa ata o século XIV (acompañada da edición das Inquirições Gerais, aínda inéditas) e, por outro, as relacións políticas e diplomáticas entre Portugal e os demais reinos hispánicos, tema particularmente sensible para o grupo nobiliario peninsular.
Dos preto de 140 títulos publicados é necesario destacar: Inquirições Gerais de D. Dinis – 1301, 1303-1304 e 1307-1311, Lisboa, Academia das Ciências, 2020-2021; “De e Para Portugal. A Circulação de Nobres na Hispânia Medieval (Séculos XII a XV)”, Anuario de Estudios Medievales, vol. 40, nº 2 (julio-deciembre de 2010), páxs. 889-924; “A Família Lima entre a Galiza e Portugal (Séculos XII a XVI)”, en José Augusto de Sottomayor-Pizarro & Mário Jorge Barroca (coords.), Paço de Giela. História de um Monumento, Arcos de Valdevez, Câmara Municipal, 2015, páxs. 15-65; y “A Circulação de Nobres entre Portugal e Castela. Trajectórias Políticas, Familiares e Culturais (Séculos XIII-XIV)”, en María Isabel Toro Pascua & Gema Vallín (eds.), Estudios de lírica gallego-portuguesa y poesía castellana: orígenes y pervivencias, Madrid, Edición Reichenberger, 2023 páxs. 25-63.
É, ademais, Director da colección Portugaliae Monumenta Historica, na Academia das Ciências de Lisboa, desde 2015 e Director do Arquivo Histórico da referida academia, desde 2021; Socio fundador da Sociedade Portuguesa de Estudos Medievais, e do Centro de Estudos da População Economia e Sociedade (U. Porto); Académico de Número da Academia das Ciências de Lisboa y del Instituto Português de Heráldica; Numerario da Confédération International de Genéalogie; fundador e numerário da Academia Ibero-Americana de Genealogia e Heráldica e socio correspondente da Real Academia de la Historia de Madrid, da Real Academia Matritense de Heraldica y Genealogia e do Instituto Histórico e Geográfico de São Paulo.
O relator adianta que, como é ben coñecido, a fronteira do Miño, entre Portugal e Galicia, nunca impediu a circulación de xentes e de tradicións culturais entre os pobos das dúas beiras que, certamente, compartían as súas orixes nun berce común.
O grupo aristocrático que tiña bens en ambos os lados e emparentaba con liñaxes transfronteirizas, foi o grupo social que tardou máis tempo en recoñecer a existencia de fronteiras. Non é estraño, pois, que este grupo encarase dunha maneira natural o servizo aos monarcas dos reinos veciños, de acordo con os contextos políticos e/o as súas conveniencias persoais e familiares.
Desde este punto de vista, a liñaxe dos de Limia ou Lima -nomeado dunha ou outra forma dependendo ao lado da fronteira- foi dos máis precoces en percorrer eses camiños de idas e vindas, nunha historia que empeza no século XII, que se prolonga durante toda a Idade Media, e que practicamente chega ata os nosos días. Nesta estirpe ou saga familiar, tan prolífica nos seus personaxes e episodios, búscase destacar algunhas carreiras políticas dos membros da liñaxe que poidan ser máis esclarecedoras para a comprensión do fenómeno de “as nobrezas transfronteirizas”; entre estas últimas poderíase engadir tamén aos Sarmiento, Queirós, Camões, Araujo ou Sotomayor.
Nada disto debe causar estrañeza, conclúe o relator, xa que a diocese de Tuy -ata o Cisma de la Iglesia de 1378- prolongou as súas fronteiras meridionais ata o rio Lima, espazo do Norte de Portugal.

 

Scroll to Top