Quinta sesión do IV ciclo de webinarios divulgativos do IEGPS (2024): "Vidas medievales entre Galicia y Portugal"

Inscrición previa en https://forms.gle/HbKvBz5VBW8jJ7C67

O vindeiro martes, 7 de maio, terá lugar o quinto relatorio do “IV Ciclo de Webinarios Divulgativos del IEGPS (2024): vidas medievales entre Galicia y Portugal”, titulada “El papel de las mujeres en el intercambio cultural entre comunidades religiosas transfronterizas”, que será impartido pola Dr.ª Mercedes Pérez Vidal.
Mercedes Pérez Vidal doutorouse con mención internacional na Universidad de Oviedo, coa tese Arte y arquitectura de los monasterios de la Orden de Predicadores de la “Provincia de España". Desde los orígenes hasta la reforma (1218-1506). Posteriormente, foi investigadora postdoutoral na Universidad Nacional Autónoma de México (2014-2015), Marie Skłodowska-Curie-cofund fellow na Università degli Studi dei Padova (2015-2017), na Heinrich Heine Universität, Düsseldorf (2018-2020), investigadora senior (programa de atracción de talento del Principado de Asturias) na Universidad de Oviedo (2021-2022), e desde xaneiro de 2023 é contratada Ramón y Cajal no Departamento de Departamento de Historia y Teoría del Arte da UAM.
A súa investigación centrouse na relación entre arte e liturxia, as bibliotecas monásticas e as redes de intercambio cultural entre mosteiros femininos en Castela, os virreinatos americanos e Italia, durante a Baixa Idade Media e a temperá Idade Moderna. 
Entre as súas publicacións destacan a súa monografía Arte y liturgia en los monasterios de Dominicas en Castilla. Desde los orígenes hasta la reforma observante (1218-1506),  Gijón, Trea, 2021, e a edición dun volume sobre mulleres relixiosas en Europa e América: Women Religious Crossing between Cloister and the World: Nunneries in Europe and the Americas, c. 1200–c.1700, Leeds, Arc Humanities Press, 2022.
Á súa vez, forma parte do equipo de investigación do proxecto Books, rituals and space in a Cistercian nunnery. Living, praying and reading in Lorvão, 13th – 16th centuries, cuxa investigadora principal é Catarina Barreira e que ten sede no Instituto de Estudos Medievais (FCSH-NOVA, Lisboa). Colaborou como organizadora ou investigadora invitada con institucións como a Humbolt Foundation, l’École Française de Rome, a Newberry Library, o Medici Arquive Project ou lle Fons National Swiss, entre outros. De 2014 a 2021 foi vicepresidenta da Société d'Études Interdisciplinaires sur les Femmes au Moyen Âge et à la Renaissance (SEIFMAR). Actualmente forma parte do consello editorial científico do IEM-NOVA e de Archivo Dominicano e da colección Monumenta histórica Iberoamericana de la Orden de Predicadores.
Mercedes Pérez afirma que as mulleres da elite tiveron un papel fundamental na creación e custodia da memoria dinástica, a cal converxeu coa das comunidades relixiosas que fundaron, gobernaron ou habitaron. Estas mulleres identificáronse frecuentemente cos modelos relixiosos desenvolvidos polos seus grupos de parentesco, os cales transcenderon ordes relixiosas e fronteiras políticas, como demostraron, entre outros, Calderón Medina e García-Fernández.
Ademais, a transmisión de modelos fundacionais e a circulación de mulleres relixiosas ou laicas, como Branca de Portugal (1259-1321), fontes escritas e diversos obxectos da cultura material, serviron como vehículos de transferencia cultural, política e relixiosa.
A través de varios exemplos, este relatorio expón unha análise e reflexión da circulación e intercambio cultural entre comunidades de mulleres relixiosas, con particular atención ás redes de parentesco femininas transfronteirizas entre Galicia, Portugal, León, Castela e outros territorios.

 

 

 

Scroll to Top