O próximo 26 de xuño de 2023 terá lugar no IEGPS o seminario de especialización titulado "Del Fuero Juzgo a la soberanía de la Nación (633-1812). Historia y Mito", impartido por José Manuel Nieto Soria.
José Manuel Nieto Soria, é catedrático de Historia Medieval desde o ano 1991 na Universidad Complutense de Madrid, onde se licenciou e doutorou en Historia con Premio Nacional de Fin de Carrera e Premio Extraordinario de Licenciatura e Doutoramento. Tamén foi director do Departamento de Historia Medieval da Facultade de Xeografía e Historia da devandita universidade, entre 2003 e 2011, e director do Departamento de Historia de América e Medieval e Ciencias Historiográficas desde 2017. É, ademais, Académico Numerario da Real Academia da Historia.
Especializado na historia de Coróa castelán-leonesa nos séculos XIII ao XV, é autor de case tres centenares de traballos monográficos, mostrando especial interese polo estudo do poder real nas súas diversas facetas institucionais, ideolóxicas e cerimoniais, as relacións entre Monarquía e Iglesia e as conexións entre política e cultura no devir histórico. Entre as súas publicacións máis relevantes pódese destacar: Fundamentos ideolóxicos do poder real en Castela (séculos XIII ao XVI), Madrid, Eudema, 1988, Iglesia y génesis del estado moderno en Castilla (1369-1480), Madrid, Universidad Complutense de Madrid, 1994 e La crisis trastámara en Castilla. El pacto como representación, Madrid, Sílex, 2021. Foi Investigador Principal de distintos proxectos de investigación centrados nos estudos hispánicos bajomedievales, sendo director do Grupo de Investigación da Universidad Complutense de Madrid Sociedad, Poder y Cultura en la Corona de Castilla, siglos XIII al XVI.