Inscrición previa en https://forms.gle/SvTP7NEuMXgb6JTFA
O vindeiro mércores, 21 de xuño de 2023, terá lugar no IEGPS a sexta sesión desta anualidade do” "III ciclo de webinarios divulgativos del IEGPS: vidas medievales en Galicia" titulada “La mujer noble en la documentación: propuestas para su estudio” que será impartida por Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, Miguel García-Fernández e Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, todos do IEGPS-CSIC.
Eduardo Pardo de Guevara e Valdés é Doutor en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid e Profesor de Investigación do CSIC. Estivo destinado na Institución “Milá i Fontanals” (Barcelona), no Instituto de Historia (Madrid) e, desde 1994, no IEGPS, onde foi o seu director desde ese mesmo ano ata 2022. Na actualidade é Profesor vinculado ad honorem e o seu director honorario. As súas investigacións céntranse no ámbito da Historia da baixa Idade Media e, de maneira máis específica, na historia social do poder (historia política e social dos grupos de poder en Galicia), cultivando complementariamente os estudos de Xenealoxía e Heráldica medievais. Foi Investigador Principal dunha trintena de proxectos competitivos e contratos de investigación no ámbito da súa especialidade.
Miguel García-Fernández é Licenciado en Historia, coas especialidades de Historia Medieval e Historia Moderna (2011), con grao (2012) e máster en Estudos Medievais Europeos (2012) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Incorporouse ao IEGPS como Técnico Superior de Actividades Técnicas e Profesionais en 2020. A súa principal liña de investigación é a historia social das mulleres, especialmente en relación coa historia medieval de Galicia, ampliando os seus intereses cara á historia social do poder e o estudo do patrimonio documental galego.
Pola súa banda, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda é Licenciado e Doutor en Historia, ambos con Premio Extraordinario, pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2017 é Científico Titular do CSIC e director do IEGPS desde o mes de outubro de 2022. As súas liñas de investigación céntranse na edición de coleccións documentais de mosteiros e casas nobres, así como na historia social da nobreza galega na Baixa Idade Media e nos primeiros séculos da Modernidade, enfocando os seus intereses cara á contextualización do patrimonio señorial de Galicia e a historia social das mulleres. Foi investigador principal do proxecto do Plan Estatal “La casa señorial en Galicia (siglos XIII-XVI). Materiales para su estudio” e na actualidade é o responsable de diferentes proxectos e contratos de investigación.
Inscrición previa no seguinte formulario (https://forms.gle/SvTP7NEuMXgb6JTFA)