Taller de heráldica enmarcado na G-Night (Noite europea das persoas investigadoras)

A Noite Europea das persoas Investigadoras é un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro do programa Horizonte 2020, que ten lugar simultaneamente en máis de 370 cidades europeas desde 2005. Nela realizaranse centos de actividades gratuítas nas que os investigadores e investigadoras achegarán á cidadanía dunha forma lúdica o seu traballo, os beneficios que aportan á sociedade e a súa repercusión na vida cotiá. Todo iso a través de experimentos, talleres, demostracións, experiencias, rutas, representacións teatrais, monólogos e moitas actividades máis.
O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) participa cun obradoro dirixido ao público infantil (entre 8 e 12 anos) e titúlase “Debuxando os nosos escudos” (https://gnight.gal/taller-de-heraldica-debuxando-os-nosos-escudos/). O seu obxectivo é que os nenos e nenas coñezan as partes fundamentais de un dos elementos de representación máis importantes desde a Idade Media, o deseño de escudos persoais e familiares como forma de identificación, cuxa pegada está hoxe moi visible en elementos patrimoniais. Realizarase por medio dunha breve exposición teórica acompañada dunha parte fundamentalmente práctica.
Terá lugar nas instalacións do IEGPS (Rúa de San Roque, nº 2, Santiago de Compostela) o vindeiro venres, 30 de setembro, ás 19.00h.
A entrada é gratuíta ata completar aforo (20 persoas) pero é necesario inscribirse enviando un correo a: divulgacion@iegps.csic.es

Ver video

Scroll to Top