O xoves, 31 de agosto e o venres, 1 de setembro de 2023, o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia, continuará cos seus seminarios internacionais, centrados na historia das peregrinacións e encadrados na acción "NEOCAMIÑOS" (CSIC - Xunta de Galicia).
Nesta nova edición o Profesor Dr. Alberto Ferreiro, catedrático de Historia Antiga da Seattle Pacific University (EE. UU.) explorará o fenómeno das peregrinacións no noroeste da Península Ibérica antes do descubrimento das reliquias do apóstolo Santiago, fillo de Zebedeo, na primeira metade do século IX d. C. Neste sentido, intentaremos coñecer os santuarios e as peregrinacións vinculados con Galécia entre a Antigüidade Tardía e a Cedeira Idade Media.
O seminario impartirase en lingua inglesa. Poderá seguirse de forma presencial no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento [Rúa de San Roque, 2, Santiago de Compostela] e en liña, a través da plataforma Zoom. Se se desexa asistir, ben en persoa, ben en liña, por favor, contáctese con Juan Gutiérrez [juangutierrez.csic@gmail.com