Seminario de Rocío Ameneiros Rodríguez enmarcado nos actos conmemorativos do 250 aniversario do Padre Sarmiento (1695-1772)

O vindeiro xoves, 14 de xullo, terá lugar no IEGPS, ás 10.30h., o seminario de especialización titulado “A biblioteca de Fr. Martín Sarmiento: Catálogos de los autores de quienes yo tengo sus obras”, impartido por Rocío Ameneiros Rodríguez. Este seminario está enmarcado nos actos conmemorativos do 250 aniversario do Padre Sarmiento (1695-1772).
Rocío Ameneiros Rodríguez doutorouse na Universidade da Coruña, no ano 2015, coa tese "La biblioteca de Martín Sarmiento: recepción de la Ilustración en España". Desde o ano 2005 ata o 2020 exerceu como profesora da área de Biblioteconomía e Documentación na Universidade da Coruña, onde ocupou tamén distintos cargos de vicedecana e coordinadora do título e prácticas externas. Na actualidade realiza unha estancia posdoctoral na Universidade de Granada, departamento de Información e Documentación, adscrita ao grupo de investigación "Soft Computing and Intelligent Information Systems – Secaba Lab” (dedicado á avaliación da calidade e a recuperación de información). Ademais, recentemente foi nomeada directora da Cátedra “Diocese de Mondoñedo-Ferrol-Universidade da Coruña”, especializada en patrimonio histórico-artístico e documental.

Scroll to Top